Lugo:Estudantes de primaria coñecen o funcionamento do Concello

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu no salón de plenos  a arredor de  50 alumnos de terceiro de primaria do colexio lugués de Casás, que viñan acompañados de dous profesores. A rexedora explicoulles aos cativos, que tiñan ao redor de 8 anos, a estrutura do pleno, así como o funcionamento dos distintos servizos municipios.

Os escolares participaron de xeito moi activo facendo preguntas sobre distintas dúbidas e interesándose pola toma de decisións.

Para Lara Méndez estes encontros fan que os máis pequenos do municipio se preocupen pola realidade diaria da súa administración local, ao tempo que coñecen en persoa o Concello.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar