Feijóo refírese a «Historias de Galicia» como a proba de que somos creativos e plurais

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse ao libro Historias de Galicia como a proba de que os galegos somos un pobo creativo, plural e actores principais da nosa historia, “sobre todo –recordou- tras a conquista do autogoberno”.

Durante o acto de presentación, Feijóo afirmou que esta recompilación de relatos de Fernando Salgado é fundamental para entender o que fomos e o que somos xa que, se ben a época na que habitaron os protagonistas inflúe neles, “eles configuran, determinan e condicionan a época na que viven”, explicou.

Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego destacou o labor de rescate de Fernando Salgado “que se mergulla en arquivos, hemerotecas e traballos precedentes para facer que esperten historias que permanecían durmidas”.

“Neste libro hai, en definitiva, moitos soños e moitos pasos que nos dirixen a ser o que somos”, concluíu, expresando o seu convencemento de que o lector se sentirá “un pouco máis feliz” de formar parte dun país con tanta historia e tantas historias.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar