A actividade deportiva da fin de semana na TVG e a Radio Galega

A fin de semana deportiva ten ao fútbol e ao balonmán como principais protagonistas nos medios públicos galegos. Neste senso, a programación seguirá moi centrada nas distintas fases de ascenso que están a disputar os equipos galegos.

As retransmisións da tvG2 darán comezo na tarde do sábado, ás 16.00 horas, desde o campo do Viso de Arzúa, coas fases finais de alevíns, benxamíns e prebenxamíns do Campionato Galego de Fútbol 8.

A continuación, o balonmán feminino na División de Honra será outro dos argumentos do día, a partir das 19.00 horas. O Mecalia Atlético Guardés vai ante o Granollers a pola vitoria que lle dea a súa primeira Liga. Esta cita poderase seguir en directo, a través da tvG2, do “Galicia en Goles” na Radio Galega e da web da CRTVG.

Os medios públicos galegos seguirán ofrecendo na xornada dominical, o Deportivo B, que afrontará, ás 12.00 horas, en Riazor, a final de ascenso á Segunda B ante o Cacereño. Tras o empate a cero da ida, o filial coruñés buscará gañar para poder saír por fin da Terceira División.

No tempo de “A Liga das Cidades” continuarán as eliminatorias polo ascenso coa emisión do Rápido de Bouzas CF- CD Cayón, ás 18.00 horas, para a súa promoción á 2ªB, e do R. Murcia- Pontevedra CF, ás 19.00 horas, en disputa para subir á categoría de prata.

As eliminatorias do Lugo, Celta B a maiores no “Galicia en Goles”


A maiores, o
 bado, desde as catro en punto, o “Galicia en Goles” contará o Huesca-Lugo de Segunda. O equipo galego está a un punto de certificar a permanencia matemática na categoría. Logo chegará o Valencia Mestalla-Celta B de ascenso á Segunda División, en que o cadro vigués necesita remontar o 2-3 de Barreiro. A última cita futbolística do día estará no Calderón, coa final da Copa entre o Barcelona e o Alavés.

O “Galicia en Goles” tamén seguirá de preto o partido de balonmán do Cangas, que precisa gañar e que perda o Villa de Aranda para permanecer na Asobal. A Radio Galega terá unha ampla presenza para transmitirlle toda a emoción do xogo á audiencia.


O domingo, en horario de tarde, emitirá os encontros de promoción á Segunda B do Xerez-Cerceda e Badaxoz-Bergantiños. Ás nove e media da noite, o “Galicia en Goles” abrirá os micrófonos do Faladoiro, en que adestradores e xornalistas debaterán acerca da actualidade do fútbol galego.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar