A campaña do doazón de sangue chega ao Parlamento

– O Parlamento de Galicia acolleu unha nova campaña de recollida de doazón de sangue, dento das accións programadas pola Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos en empresas e organismos públicos. No Parlamento de Galicia, esta campaña desenvólvese habitualmente cada seis meses.

O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado pola directora da Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López García, visitou a unidade móbil estacionada no recinto do Lexislativo galego.

Santalices Vieira agradeceu a xenerosidade das persoas que acoden a doar sangue e animou ao conxunto da sociedade a incrementar as doazóns para poder manter o labor asistencial que se desenvolve nos hospitais.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar