Santalices recibe a Executivas de Galicia

 

O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, recibiu este mediodía á nova directiva de Executivas de Galicia, encabezada pola súa presidenta, Carla Reyes Uschinsky, que recentemente foi reelixida para liderar a entidade os vindeiros 4 anos.

Durante a reunión, o presidente do Parlamento interesouse polas actividades que desenvolve Executivas de Galicia e sinalou que todos esforzos que se poñan en marcha a favor da igualdade deben ser benvidos. Tamén efectuaron unha visita guiada á sede do Parlamento de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar