Remolcan un veleiro á valga con dous tripulantes a bordo

Un veleiro con dúas persoas a bordo quedou sen goberno esta madrugada á altura do Cabo Ortegal, en Cariño. A embarcación, de 11 metros de eslora, dirixíase á Coruña dende Francia. Os seus dous tripulantes, de nacionalidade francesa, atópanse en perfectas condicións.

Un dos tripulantes chamou ao 112 Galicia ás 4:00 horas da noite. Segundo indicou, estaba a navegar co seu fillo, pero o veleiro quedara sen combustible. Despois de facilitar as súas coordenadas, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias do 112 alertou a Salvamento Marítimo, que decidiu mobilizar a embarcación Salvamar Shaula. Tamén se informou ao Servizo de Gardacostas de Galicia, ao GES de Ortigueira e á Garda Civil.

A embarcación foi remolcada ao porto maís próximo da costa, o de Cariño.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar