Nutrida manifestación en defensa do galego en Compostela

A manifestación, na Praza da Quintana

A reclamación da «normalidade» no uso da lingua galega centrou as demandas da manifestación celebrada en Santiago de Compostela con motivo do Día das Letras Galegas e que reuníu a varios milleiros de persoas.

A plataforma»Queremos Galego», a entidade convocante, conseguíu ao seu carón a numerosos outros colectivos e partidos políticos nacionalistas.

Coa presenza de gaitas, e dende a Alameda de Santiago as 12.00 do mediodía, a manifestación circulou polo centro urbán nunha xornada festiva con motivo do Día das Letras Galegas ata chegar á Praza da Quintana, onde se pronunciaron os discursos finais.

Dirixentes políticos dos partidos participaron na propia marcha con pancartas e bandeiras partidarias.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar