Baltar e Robert F. Kennedy Jr. asinan un convenio sobre a protección dos ríos

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, asinou un protocolo co fundador e presidente da ONG Waterkeeper Alliance, Robert F. Kennedy Jr., co obxectivo analizar a posibilidade de colaboración entre a Deputación de Ourense e esta entidade medioambiental para realizar estudos de protección de ríos na provincia de Ourense. Desta maneira, o río que se valore analizar sería o primeiro de Europa que a Waterkeeper Alliance estudaría no que atinxe ás variables medioambientais, como a conservación da biodiversidade ou a xestión sustentable do territorio fluvial e os seus recursos, entre outros factores.

Kennedy, quen mañá participará no Pazo de Vilamarín como experto en asuntos medioambientais internacionais no consello político de «Partenalia» -a organización de gobernos locais intermedios de Europa-, asinou no Libro de Honra da Deputación de Ourense, trala recepción que tivo lugar cialisfrance24.com esta tarde no Pazo Provincial a cargo de Manuel Baltar.

Na reunión de Partenalia abordaranse temas de sustentabilidade, medio ambiente e transparencia, e ademais de Robert F. Kennnedy participará o presidente da American Sustainable Business Council, David Levine. Manuel Baltar afirma que será «unha excelente ocasión para analizar as oportunidades que a economía sostible ofrece ás administracións públicas e ás empresas, dentro do importante papel que están chamadas a xogar nun mundo globalizado onde o respecto polo medio ambiente e xa determinante á hora de xestionar e desenvolver políticas e proxectos que acheguen competitividade aos territorios».

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar