O Concello de Vigo chama á celebración do Salón da Construcción

 

No nome do alcalde, o concelleiro David Regades, transmitiulle á organización os seus parabéns e agradecemento polo traballo realizado para facer posible a celebración do Salón da Construción, SICO, en Vigo. O evento, dixo, permitirá «amosar a ilusión e o músculo da cidade» en relación con este sector.

Así, Regades fixo un chamamento á participación na feira dos profesionais e da cidadanía porque atoparán información en materia de aforro enerxético «que poderán aplicar nos seus domicilios e que lles supoñerán un aforro» ou para ver as ofertas directas das inmobiliarias que serán «exclusivas para a feira». Engadiu o edil que a participación do sector da construción será clave porque se abordarán temas de relevancia como a mellora da produtividade, a eficiencia con demostracións reais ou a aplicación de novos procedementos e tecnoloxías.

O segundo tenente de alcalde felicitou aos responsables de SICO 2017, en representación de Abel Caballero, «nun momento difícil no que comezan a percibirse síntomas de recuperación» e destacou que conseguiran aumentar o número de empresas expositoras grazas á «forza, valor, paixón e esforzo persoal e económico» co que fan posible a celebración de eventos desta categoría na cidade, contando sempre co apoio do Concello e das administracións.

Na presentación do Salón da Construción 2017 celebrada na Cámara de Comercio estiveron presentes José García Costas e Javier Arnau, presidente e director de SICO 2017, así como o Delegado Territorial da Xunta en Vigo

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar