Final da XXIII Copa de Campións de fútbol xuvenil

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou, na presentación da final da XXIII Copa de campións da división de honra de xuvenís, que este evento sitúa a Ourense “como capital do fútbol de futuro de España”, unha competición disputada en diferentes localidades de Galicia e que acollerá o vindeiro sábado a final entre o Málaga e o Real Madrid, ás 12.00 horas, no estadio do Couto.

O acto de presentación da final tivo lugar esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense e contou, xunto a Manuel Baltar, coa participación do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; de representantes e xogadores dos dous clubes; do presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán; e dos representantes da Xunta de Galicia e da Federación Española de Fútbol, Manuel Pardo e Casildo Canicol, respectivamente.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar