Pontevedra:Maio, mes da lingua

Música, cinema, andainas, xogos, lecturas en vivo, poesías… até sumar máis de medio cento de actividades. O concelleiro de Normalización Lingüística, Alberto Oubiña, presenteo a programación de Maio, mes da lingua co fin de “reflexionar sobre a lingua e amosar e visibilizar as actividades que hai na cidade arredor dela” nun mes sinalado pola celebración do Día das Letras Galegas, adicado nesta ocasión a Carlos Casares.

Maio, mes da lingua é un programa de actividades transversal, pensado para todo tipo de público. É independiente da programación desenvolvida durante o curso nos distintos centros de ensino da cidade.

Na ampla programación de Maio, mes da lingua participan dun xeito activo xunto a Concellería de Normalización Lingüística: a Coordinadora dos ENDL dos IES de Pontevedra, ENDL dos centros de ensino do concello de Pontevedra, asociación sociocultural O Burgo, asociación Cedofeita, Cineclub Pontevedra, FANPA de Pontevedra, CIG-Ensino, A Mesa, AS-PG, Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra, Onda Cero Radio. Nos Trotacontos: ENDL das EEI Concepción Crespo Rivas, Fina Casalderrey e Verducido; dos CEP de Campolongo e Marcos da Portela e dos CEIP Parada-Campañó e San Bieito de Lérez.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar