Baltar recibe ao presidente da Fundaciön «Otero Pedrayo»

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao catedrático Juan Luis Saco, quen vén de ser designado presidente da Fundación “Otero Pedrayo”.

O presidente do goberno provincial felicitou ao intelectual ourensán “pola nova responsabilidade que asume no ámbito da cultural ourensá, galega e universal”, e destacou a colaboración que a Deputación de Ourense mantén coa dita fundación, “para seguir cooperando na difusión dunha figura senlleira na historia e na cultura da nosa terra como é Ramón Otero Pedrayo”, expresou Manuel Baltar.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar