O Concello de Ourense planifica as actividades do Botánico de Montealegre

O Concello de Ourense está a planificar as actividades que se desenvolverán no Botánico de Montealegre. Así, estanse a producir reunións de traballo entre os técnicos da Concellería de Medio Ambiente e a empresa Xesmega, ganadora do concurso da xestión do Centro de Visitantes Montealegre desde o 7 de abril.

Cabe lembrar que neste enclave realízanse actividades e visitas guiadas (martes a viernes ás 18h) , que nos sábados, domingos e festivos, son ás 12 e 18h. O horario de apertura do Montealegre é de martes a domingo de 10 a 20h e desde maio ata as 21h.

A empresa Xesmega está traballando no programa de educación ambiental para o próximo trimestre, actividades infantís e para adultos. “Presentaranse nos vindeiros días, e temos a confianza de que terán o éxito que se acadou noutras edicións”, sinala o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo. “Confiamos en que todo o mundo coñeza e disfrute desta magnífica instalación e desta xoia da natureza que temos no Montealegre”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar