TVG: Nuria Fergó presenta hoy su último disco en “Luar”


“Luar” recibe hoxe, venres,  a cantante andaluza Nuria Fergó, que saltou á fama na primeira edición do concurso “Operación Triunfo” e que presenta o seu último single “Bailando bajo la lluvia”. Xunto con ela estarán Felipe Garpe e os seus mariachis, cos que interpretará “México lindo”, e mais as pandeireteiras Xestreu, que presentan o seu novo disco, “Non me toques a saia”, en favor da igualdade e en contra da violencia machista. Cantarán coa artista un tema en galego. Tamén subirá ao escenario o cantante de reggaeton Henry Méndez, autor de éxitos de verán como “El tiburón” o “Mi reina” e que chega ao programa para interpretar “Pa que lo bailes” e “Poco a Poco”.

Os espectadores bailarán así mesmo ao ritmo do grupo El guateque de la década, con música dos oitenta, e da orquestra Miramar, mentres que o toque de humor o poñerá o humorista galego Marcos Pereiro. No escenario tamén estarán os músicos franceses Matta Rouch e os acróbatas do dúo Ballance. Por outra banda, no concurso “Recantos”, que se atopa na fase final, exhibirán as súas voces Issiris, representando Galicia centro, e Ruth Cundíns, de Terras de Compostela. Ademais, a música galega chegará da man da Banda Sons e Soños de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei; a Agrupación Vai de Roda; as ex-recanteiras da formación Dúo Chic; a agrupación folclórica A Regionalista, e os cantantes Jota Santana, Tania Fuegho, Pili Pampín e Manuel De Andrade.

 

 

GALICIA ON

 

“Galicia On” dedica o episodio deste hoxe a proxectos innovadores no ámbito da distribución alimentaria no actual mercado global e conectado. O programa achégase ata Vigo para visitar Progreso 41, o primeiro ‘urban market’ de Galicia, un novo concepto de mercado que fusiona a gastronomía e o ocio. A continuación, os espectadores poderán ver como traballan en Atlanteat, unha tenda en liña que apostou por adaptar algúns dos mellores pratos da gastronomía galego ao estilo de vida e necesidades dos consumidores actuais.

 

A REVISTA

 

“A Revista” celebra este venres a Semana Santa en Ferrol e Vila de Cruces. Os reporteiros do programa estarán no Santo Encontro, momento en que conflúen na ferrolá Praza de Armas os pasos de Xesús Nazareno, a Santísima Virxe das Dores, San Xoán Evanxelista e A Verónica e en que ten lugar o famoso baile coas imaxes ante os asistentes. Na parroquia de Oirós, no concello cruceño, vivirán o Desencravo, en que procesionarán as imaxes da Virxe e do Cristo articulado e se levará a cabo a representación do momento en que Xosé de Arimatea e Nicodemo desencravaron a Cristo da Cruz e o baixaron para darlle sepultura.

No estudio do programa, acompañarán o presentador Mon Santiso Octavio Villazala, colaborador habitual do espazo coa súa sección sobre animais, e Marina Ledo, unha das primeiras mulleres en entrar nun corpo da Policía Local en Galicia, tras aprobar as oposicións en 1981. Recentemente xubilada, a ex-axente falará das súas primeiras experiencias patrullando a cidade de Vigo e as súas case catro décadas de servizo.
Data de emisión: Venres, 13.04.2017
Semana Santa (19.00 h, aprox.)

 

“BARRABÁS 1”
(“Barabbas 2”)

Director: Roger Young
Elenco: Billy Zane, Cristiana Capotondi, Filippo Nigro, Anna Valle, Tommaso Ramenghi, Hristo Shopov, Marco Foschi, Paolo Seganti, Franco Castellano, Giampiero Judica, Valentina Carnelutti, Matteo Branciamore, Diego D’Elia, Lorenzo Balducci
Funwood, 2012, 91´ (Drama bíblico) (Comunitaria) (+12)

**SINOPSE**

Inspirado na novela homónima do Premio Nobel de Literatura Par Lagerkvist, o filme narra a vida de Barrabás, o home cuxa liberación supuxo a morte de Xesucristo. Trátase dunha historia de redención final que comeza onde acaba o relato bíblico. Tras salvarse da morte e ver como un home inocente é condenado a morte, o bandido comeza unha loita espiritual que se aviva cando a súa muller é asasinada por ser seguidora de Xesús, e que remata coa súa conversión ao cristianismo.
MINUTADO do 14/04/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Loreto Costa. Inclúe o espazo Faladoiro cos xornalistas Pablo Acción, Julián Rodríguez e Carla Reyes.

:

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ “Berlinesas”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO Cap. 147

Serie. O novo médico de Erea agora é Gonzalo. Erea non quere ir á consulta soa, e dille a Lidia que a acompañe. No Faro, preparan a chegada do xornalista gastronómico, así que organizan unha cata. A cata acaba afectando sobre todo a Fina. Ricardo está en tensión porque tarde ou cedo, Lucía acabará sabendo que Erea está embarazada e teme a súa reacción. Víctor quere que o estudio de arquitectura siga vivo grazas á nova obra de Samáns, pero Ricardo non quere entrar na empresa.

:

12:00
GALICIA ON “Distribución alimentaria”

Programa que recolle iniciativas que lograron transformar novas ideas en valor nos distintos sectores productivos galego. “Galicia On” dedica o episodio deste venres a proxectos innovadores no ámbito da distribución alimentaria no mercado global conectado en que vivimos. O programa achégase ata Vigo para visitar Progreso 41, o primeiro ‘urban market’ de Galicia, un novo concepto de mercado que fusiona a gastronomía e o ocio. A continuación, os espectadores poderán ver como traballan en Atlanteat, unha tenda en liña que apostou por adaptar algúns dos mellores pratos da gastronomía galego ao estilo de vida e necesidades dos consumidores actuais.

:

12:30
A REVISTA

Presenta Mon Santiso. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Raúl Quián. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30
REPORTAXES ACTUALIZADOS “Butaneiro”

Serie de axustes extraidos do programa ACTUALIZAD@S.

15:45
O TEMPO

16:00
FONTEALBA Cap. 145

A pneumonía de Amalia veu dada por andar carrexando cousas entre po e humidade. Ton non contesta as chamadas de Mati e ela comeza a agoniarse.
Aurora e Roberto cada vez están máis cerca, pero mantendo prudencia de caer de novo no amor. Andrés e Carmela comezan a caerse mellor entre eles. Aurora quere facer todo o podible para recuperar Fontealba.

:

16:45
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:40
PRATOS COMBINADOS Cap. 176: “O avogado das silveiras”

Comedia ambientada no Bar Suízo, propiedade da familia Pereira, onde acontecen as situacións máis divertidas. A serie desenvolve a vida diaria, coas aventuras e desventuras do matrimonio formado por Miro Pereira e Balbina Santos.
Miro quere mercar unha cana nova, pero Balbina non lle deixa, xa que hai que cambiar as cortinas do bar. Mentres Paula trata de convencer a Pedro para que lle merque un traxe que ela quere, e Nicanor anda a pedir esmola para o vestido de Santa Rita.

:

18:50
BARRABÁS “Barrabás – 2ª parte”

(“Barabbas 2”) de Roger Young con Billy Zane, Cristiana Capotondi, Filippo Nigro, Anna Valle, Tommaso Ramenghi, Hristo Shopov, Marco Foschi, Paolo Seganti, Franco Castellano, Giampiero Judica, Valentina Carnelutti, Matteo Branciamore, Diego D’Elia, Lorenzo Balducci.
Funwood, 2012, 91´ (Drama bíblico) (Comunitaria) (+12)
Inspirado na novela homónima do Premio Nobel de Literatura Par Lagerkvist, o filme narra a vida de Barrabás, o home cuxa liberación supuxo a morte de Xesucristo. Trátase dunha historia de redención final que comeza onde acaba o relato bíblico. Tras salvarse da morte e ver como un home inocente é condenado a morte, o bandido comeza unha loita espiritual que se aviva cando a súa muller é asasinada por ser seguidora de Xesús, e que remata coa súa conversión ao cristianismo.

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Enrique Magdalena.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos Amado. Alfonso Hermida encárgase da información deportiva.

21:50
O TEMPO

22:05
LUAR

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional.
O “Luar” recibe á cantante andaluza Nuria Fergó, a Felipe Garpe e os seus mariachis, as pandeireteiras Xestreu e a Henry Méndez.

:

01:25
COS PÉS NA TERRA Cap. 80

Programa onde se amosa a vida cotiá das xentes que viven por e para o campo. O día a día das persoas que viven no rural e aman o seu modo de vida.
“Cos Pés Na Terra” invita os espectadores da Televisión de Galicia a coñecer a tres apaixonados da vida no rural. O primeiro en recibir as cámaras da TVG é Manuel, un gandeiro que divide os seus esforzos entre vacas de raza mixta de leite e vacas de raza cachena, que coida coa axuda do seu empregado Daniel. A continuación, Diego e David explicarán o concepto de bosque comestible, un espazo natural ordenado e deseñado para producir alimentos e outros recursos como madeira ou plantas medicinais da mesma forma que un horto, pero mantendo as calidades dun ecosistema natural. Entre outras cousas, os dous mozos contarán como elaboran bokashi, un fertilizante que se xera a partir da fermentación de materia orgánica. Por último, o programa visita San Sadurniño, onde as alumnas da Aula CeMIT puxeron en marcha a canle de YouTube “Teño unha horta en San Sadurniño”, en que comparten videotitoriais en que amosan os mellores trucos para traballar a horta, demostrando que a idade non é obstáculo para incorporarse ao mundo dixital.

:

02:30
FONTEALBA Cap. 145 (Rep.)

:

03:15
TI VERÁS (Rep.)

:

04:05
CON AMOR E COMPAÑÍA

Late night presentado por David Amor. O actor e showman David Amor recibe no seu programa “Con Amor e Compañía” a Beatriz Serén e a Carmen Méndez, dúas das actrices protagonistas da serie “Pazo de Familia”. Ademais, os espectadores coñecerán a Celia Vázquez “Miss Tamallancos 72”, quen chega ao programa para ser a coach sentimental do público e dos espectadores galegos

:

04:55
O SAL DA TERRA Cap. 10: “Lume no corpo”

Serie culinaria. Nunha nova entrega do programa de cociña, reportaxes e ficción “O sal da terra”, a casa de Carmela e Berto sofre un corte de electricidade, o que non impide que Berto cociñe un pote mariñeiro de mexillóns. A relación entre Carmela e Manolo segue por un camiño incerto. Tras os tira e afrouxa da breve convivencia, decidiron quedar como amigos, pero aos dous cústalles controlar os seus impulsos. Berto, que quere volver á casa da súa nai, é o primeiro interesado en xuntalos de novo. A vida segue para todos, así que Carmela continúa coa súa afección pola cociña, sorprendendo os espectadores cunha deliciosa lagosta en salpicón. O seu fillo inclínase por aprender dos antigos oficios vinculados ao mar, e intenta facer unha nasa para ir ás nécoras. Ademais, as cámaras seguirán aos dous protagonistas nas súas visitas á Casa Museo Manuel Antonio, onde se mostran espazos e documentos que explican a vida e obra do autor das vangardas poéticas galegas, e a agrupación de música tradicional Nunca é Tarde.

:

05:50
SONS NA NOITE

06:10
A REVISTA (Rep.)

07:15
NOITE DE JAZZ


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto