En Marea demanda mellor transporte ferroviario para A Mariña


En Marea visitou a estación de FEVE de Viveiro onde denuncoiu a situación de desmantelamento que están a padecer o servizo e solicitar a súa conversión nun tren de proximidade para A Mariña, así como o traspaso da infraestrutura de Fomento para á Xunta de Galicia xa que o Estado non ten interese ningún na súa mellora. O portavoz de En Marea, Luís Villares, sinalou que o investimento aproximado que requiriría para a esta conversión sería de 100 millóns de euros pero permitiría contar un instrumento eficaz para vertebrar unha comarca con máis de 100.000 habitantes.

“O mesmo día que celébranse 25 anos da primeira liña Madrid-Sevilla, algo que está a celebrar Renfe. Mentres tanto, na estación de FEVE da Mariña En Marea tense que reivindicar o que é simplemente o mantemento da liña. Os deputados de En Marea referíronse a situación actual na que nos últimos meses, os pasaxeiros tiveron que recorrer a outro tipo de transporte porque a propia compañía non ofrecía alternativa para cubrir as poucas liñas que ten en servizo”.

En Marea considera que o establecemento dun servizo ·verdadeiramente útil” que conecte toda a comarca da Mariña en primeiro lugar, e en segundo lugar a Mariña de Lugo ata Ferrol coa costa ártabra e a vertebración desde Ferrol con toda o eixo atlántico é indispensable para o noso país. “Temos dereito a reivindicar unha infraestrutura que está máis que axeitada e hai demanda que estrutura a poboación e o territorio“ explicou o portavoz de En Marea, Luís Villares, algo que non so afectaría a pasaxeiros senón tamén a mercadorías.

En Marea ten presentado xa a nivel parlamentario e tamén no Congreso diversas iniciativas para revitalización do servizo do FEVE. O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán-Vello, referiuse a “fráxil“ situación do servizo FEVE que asegurou está vivindo un proceso de desmantelamento como se está a demostrar. Unha infraestruturas fundamental para a economía e para o elemento social de transporte de viaxeiros na Mariña. A pregunta clave para Fernán-Vello.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto