A TVG renova enserie.gal para ver o mellor do audiovisual galego

 

 A Televisión de Galicia renova Enserie.gal, o seu espazo de streaming, en que os espectadores poden ver íntegras as series de ficción producidas ou emitidas polos medios públicos galegos.

Máis de 25 títulos atópanse dispoñibles, entre eles, grandes clásicos como “Mareas Vivas” ou “Matalobos”; producións máis recentes como “O final do Camiño” ou “Dalia, a modista”; e outras actualmente en emisión como “Fontealba”, “Serramoura” ou a recentemente estreada “Vidago Palace”, a primeira coprodución realizada entre a TVG e a RTP portuguesa.

Enserie.gal presenta un deseño máis creativo e ofrece unha mellor experiencia de usuario. Conta cunha doada navegación para que os seguidores dos programas da TVG poidan acceder a estes contidos dun xeito doado en calquera tipo de dispositivo.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto