20 mil persoas súmanse a audiencia da Radio Galega

A primeira onda do Estudo Xeral de Medios en 2017 sitúa a Radio Galega coma a segunda emisora que máis medra en Galicia, ademais da COPE. A canle pública sumou 20.000 seguidores con respecto á última medición, publicada en decembro, o que supón un incremento de audiencia do 14,5 por cento, de luns a venres.

Con estes datos, a Radio Galega pasa a ser a terceira sintonía máis escoitada en Galicia, superando a Onda Cero, con 158.000 oíntes nos días de semana.

As cifras confirman, así mesmo, que este crecemento foi continuado ao longo do ano, xa que, con respecto á primeira medición de 2016, o incremento alcanza os 34.000 oíntes, é decir, un 27,4 por cento, tomando tamén neste caso como referencia o período de luns a venres.

A audiencia tamén respalda a programación da Radio Galega Música, que duplicou o número de oíntes en relación coa anterior onda do EXM. A canle sumou 8.000 novos seguidores e pasa a ser a emisora musical de referencia para 16.000 persoas de luns a venres.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto