Roman Rodríguez apoya al alumnado de Spanskills

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asistiu esta mañá á inauguración do Spainskills 2017, o maior campionato de Formación Profesional que reúne a alumnos e alumnas de toda España. De feito, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia visitou á delegación galega, conformada por 25 mozos e mozas que participarán nun total de 23 competicións, e animounos a demostrar o potencial da FP de Galicia, así como a seguir formándose e aprendendo a través deste tipo de certames. Ademais dos alumnos e alumnas participantes, cada competidor estará acompañado por un titor do centro educativo, e tamén por tres xefes de equipo que se encargan dos labores de coordinación.

Durante a xornada de apertura –que inaugurou o secretario de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, Marcial Marín–, Colombia asistiu como país invitado e deuse conta da lectura do xuramento do ‘Xogo Limpo’. As competicións do Spainskills comezan mañá e prolongaranse ata o venres, para posteriormente o sábado celebrar a cerimonia de clausura.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto