O mural de Prego de Oliver cedido trala sua restauración para disfrute dos ourensáns

O mural de Prego de Oliver que estaba no antigo hotel Parque foi cedido esta mañá para o disfrute da cidade de Ourense. O presidente-conselleiro delegado de Copasa, José Luis Suárez; e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, asinaron esta mañá o contrato de comodato que materializa esta cesión por un período de 10 anos, revisable cada dous anos.

O mural “Neno con burro”, de 3,72m x 1,40m e de incalculable valor simbólico para a cidade, ocupará o hall principal do Auditorio Municipal logo dunha laboriosa e minuciosa labor de restauración. Máis dun ano de traballo para devolverlle o esplendor a esta peza, seriamente deteriorada e con abundantes desperfectos que presentaba polo paso do tempo e o seu emplazamento nun lugar inadecuado para a súa conservación. A delicadeza do óleo aplicado como unha acuarela queda agora restaurada grazas a esa complexa, custosa e esixente labor de restauración.

 Por todo elo o alcalde, Jesús Vázquez, expresou a súa gratitude, en nome da cidade de Ourense por esta cesión: “José Luis Suárez foi o artífice desta recuperación para o disfrute de todos aqueles que amamos a arte. Co seu acto xeneroso, particular e privado, os ourensáns volveremos a revivir unha época e a admirar esta xoia, que ocupará o espazo expositivo do Auditorio Municipal, no hall principal. Con esta cesión engrandecerase máis se cabe un proxecto singular, novidoso e interdisciplinar como foi e sigue sendo “Prego: 100 anos”.

 Jesús Vázquez concluiu sinalando que “Ourense hai moito tempo que tiña unha débeda moral con este grandísimo artista ourensán que é Prego de Oliver. E hoxe toda a cidade ten unha débeda de gratitude con José Luis Suárez”.

 Pola súa banda, José Luis Suárez agradeceu ao alcalde de Ourense “pola súa receptividade, acollida e vontade de chegar a acordos polo ben común, pensando sempre en positivo”.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto