As Cidades Patrimonio presentan os seus obxectivos para 2019

A reunión tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Alcalá de Henares e foi presidida pola presidenta do Grupo e alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado, e polo alcalde de Alcalá de Henares, Javier Rodríguez Palacios, e nela estiveron presentes tanto alcaldes como concelleiros das 15 cidades cuxos centros históricos foron recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Ibiza/Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda.

Entre os acordos adoptados na Asemblea figura a apertura do prazo para os Premios Cidade Patrimonio, que será entregado o 25 de novembro; a presentación do I Certame de Creación Audiovisual para Xóvenes, con premios de 1.000 euros para menores de idade e de 3.000 euros para maiores de idade, e a aprobación do proxecto para desenvolver a marca “Destino Turístico Seguro” nas 15 Cidades Patrimonio.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto