O PP de Teo analiza coa Xunta solucións para a segregación de fincas

Concello de Teo, A Coruña.

 

Membros do grupo municipal popular de Teo veñen de manter unha xuntanza coa secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, para analizar vías de solución á petición da veciñanza de Cacheiras que permita dividir as súas parcelas, ante a inacción do executivo local para canalizar esta demanda da parroquia.

A veciñanza afectada presentou esta reivindicación perante o executivo local, que reaccionou con evasivas e sen dar resposta, limitándose a trasladar o asunto, unha vez máis, a outras administracións.

Indignada pola falla de resposta do goberno local, a veciñanza de Cacheiras tense posto en contacto cos membros do grupo popular en numerosas ocasións durante os últimos meses, manifestando a súa preocupación pola imposibilidade de realizar divisións ou segregacións nas súas parcelas. Esta prohibición ven determinada polo plan xeral de ordenación urbanística teense, que impide realizar segregación ou división das parcelas.

 

 

FALTA DE RESPOSTA DO BIPARTITO

 

Ante a falta de resposta do bipartito a esta petición veciñal, os concelleiros José Manuel Guerra e Antonio R. Sánchez reuníronse coa secretaria xeral de Urbanismo coa finalidade de darlle unha alternativa á veciñanza e propoñer unha solución que lles permita realizar a segregación que desexan.

José Manuel Guerra valorou a xuntanza con Encarnación Rivas como  «moi positiva» xa que considera que as vías de solución “non soamente son factibles senón tamén poden ser rápidas”. Neste momento, estáse a analizar a cuestión dende un punto de vista técnico e os populares agardan que en breve poderá ofrecerse dita alternativa á veciñanza.

Ao tempo, o grupo popular lamenta que dende o executivo local a única solución que se lles ofrecera aos veciños fora recoller firmas en contra da Xunta.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar