A Xunta congratúlase do nomeamenteo de Freixanes

A Xunta de Galicia congratúlase do nomeamento de Víctor F. Freixanes como novo presidente da Real Academia Galega (RAG). O plenario da institución, reunido hoxe á tarde na sede coruñesa de Tabernas, elixiuno como sucesor do profesor Alonso Montero para os vindeiros catro anos, según un comunicado emitido esta mañá

«É vontade da Xunta de Galicia renovar coa RAG unha relación institucional fluída e efectiva nas tarefas de defensa e promoción da lingua e cultura propias de Galicia, tal e como foi posible durante toda a presidencia de Xesús Alonso Montero. Con toda certeza este funcionamento útil e efectivo ha seguir incrementándose no transcurso do novo período que coa presidencia de Víctor F. Freixanes inicia hoxe unha das institucións galegas máis senlleiras e prestixiosas do noso país».

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar