Primeiro capítulo de «Vidago Palace» na TVG

 

A Televisión de Galicia estrea hoxe ás 22.10 h. a serie ‘Vidago Palace’, que narra o amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimieiro e noiva de César, e Pedro, empregado no hotel Vidago Palace, do que a serie toma o nome. Os mozos terán que facer fronte os prexuízos dunha sociedade marcada polas conveniencias familiares e sociais nun contexto histórico único. No verán de 1936 celebrábanse en Berlín os Xogos Olímpicos, mentres España vivía Guerra Civil e, en Portugal, se mantiña o réxime de Salazar. Neste escenario, o luxoso complexo hoteleiro en que transcorre a nova produción da TVG inauguraba o seu campo de golf.

Neste primeiro capítulo, que os medios públicos emitirán en dual – o espectador poderá escoller no menú da TDT a lingua de emisión, entre o galego e o portugués – , os espectadores coñecerán os condes de Vimeiro, unha familia aristocrática de Portugal que se atopa en declive pola ausencia de ingresos, deixando o esplendor das súas vidas nun segundo plano. Lívia e Martim, pais da nova e guapa Carlota, encontran a solución no casamento desta con César da Silva, primoxénito dunha familia que se fixo rica no Brasil co cultivo do cacao.

A voda, alianza perfecta entre as dúas familias, vai ser o acontecemento social do verán no Vidago Palace, o impoñente refuxio das clases altas europeas no difícil contexto internacional en que transcorre a historia. Bonifácio e Benvinda, pais de César, veranse integrados na alta sociedade, que anteriormente os rexeitaba e os condes de Vimeiro atoparán o apoio económico que tanto necesitan. Porén, a medio mes para o enlace, a vida de Carlota cambiará por completo ao coñecer a Pedro, fillo de Alberto, o conserxe do Vidago Palace e, eventualmente, camareiro no hotel.

O seguidores de Vidago Palace poderán ver a estrea esta noite, que os medios públicos redifusionarán o martes vindeiro na tvG2, en a serie se emitirá en portugués, coa opción de poñer subtítulos en galego.

 

STREET DOWN

 

A Televisión de Galicia estrea esta noite o programa “Street Down”, en que os espectadores verán o mundo a través dos ollos de Pablo e Pedro, dous mozos con Síndrome de Down, que serán protagonistas e presentadores deste espazo televisivo.

A TVG emitirá a primeira entrega do programa, en que os dous protagonistas compartirán cos espectadores a súa paixón pola gastronomía, a partir das 23.00 h. Pedro e Pablo pasarán polos fogóns dos restaurantes A Estación, en Cambre, e Culler de Pau, no Grove, ambos os dous con Estrella Michelín, e visitarán o Mercado de Lugo e a Praza de Abastos de Santiago. Ademais, aprenderán a facer queixo na granxa-escola A Casa do Queixo, en Sobrado; recollerán mexillón nunha batea da ría do Grove e catarán un albariño elaborado coas uvas das viñas do Pazo de Fefiñáns. Por último, aprenderán a facer unha auténtica pizza italiana no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

 

GALA PREMIOS MARÍA CASARES

 

A Televisión de Galicia emite esta noite a gala dos Premios de Teatro María Casares, que reunirá no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o mundo da escena galega. A partir das 00.00 h., os espectadores da Televisión de Galicia poderán ver a cerimonia de entrega dos catorce galardóns en que se dividen os premios, cun total de trece espectáculos finalistas nas diferentes categorías.
“O tolleito de Inishmaan”, de Contraproducións e FIOT Carballo; “Eroski Paraíso”, de Chévere; “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro, e “Voaxa e Carmín”, de ButacaZerto e Eme2 son as producións con maior número de candidaturas. Ademais, o director e dramaturgo Eduardo Alonso recibirá o Premio de Honra Marisa Soto.
O actor e monologuista Pepo Suevos conducirá a cerimonia, que contará tamén coa intervención dos actores e actrices Silvana Couñago, Marta Lado, Roberto Leal, Alberto Rolán, Patricia Torres e Josito Porto, e con música en directo.

 

MELLOR XUNTOS

 

O programa “Mellor Xuntos”, que retrata proxectos cooperativos galegos, fará un percorrido de Ourense ao val de Xestoso, pasando por Cualedro, Allariz, Vigo e Xinzo de Limia. Os reporteiros estarán coa historiadora Begoña Garrido, membro de “Xeitura”, unha empresa formada por arqueólogos que teñen como labor a xestión integral do patrimonio e a introdución da actividade arqueolóxica. Os espectadores do programa tamén coñecerán “Algalia”, unha cooperativa que ofrece asesoramento económico, legal e socio laboral. Ademais, o espazo visitará Xinzo de Limia para mostrar como se traballa en “Antelco”, unha empresa que se dedica á construción de naves industriais.

A REVISTA
“A Revista” recibe no estudio de gravación a visita do músico Xosé Manuel Budiño, que presentará o espectáculo “Paralaia 20 Aniversario”, en que repasa os seus 20 anos de carreira e os temas do disco que o levou a conquistar ao público e a crítica. A presentadora Laura Peña tamén conversará coa colaboradora, fotógrafa e deseñadora, Teresa Abalde, para comentar a crónica social, e mais cos creadores da nova serie da Televisión de Galicia, “Vidago Palace”. O director e guionista, Henrique Oliveira, e o produtor, Alfonso Blanco, coñecido como Fosco, estarán no programa, tras asistir onte a súa preestrea en Santiago.

Por outra banda, o audiovisual galego vístese esta noite de gala nos ‘Premios María Casares’ e os reporteiros do espazo matinal estarán nos ensaios no Teatro Rosalia de Castro de A Coruña, onde terá lugar o evento que será presentado polo actor e monologuista, Pepe Suevos, e que contará con música en vivo. Ademais, acudirán a Vigo, onde percorrerán a Ruta da Batalla da Reconquista cos escolares do CEIP Mestre Goldar, nunha actividade enmarcada dentro dun proxecto municipal que busca mostrar a historia da cidade aos máis pequenos. Nestas xornadas, franceses e milicianos vigueses recrearán a contenda acontecida nos límites da cidade olívica fai máis de dous séculos.

 

 

tvG2
CICLO ESCRITORES ILUSTRES

 

O ciclo cultural dedicado a autores galegos da tvG2 detense hoxe na biografía e obra do escritor e historiador pontevedrés Xosé Filgueira Valverde. Cofundador do Seminario de Estudos Galegos, presidente do Consello da Cultura Galega e alcalde de Pontevedra na década dos sesenta, o autor será retratado a través do documental “Contextualizando a Filgueira Valverde”, que se emitirá a partir das 22.45 h. A produción, dirixida por Gonzalo E. Veloso, inclúe material de arquivo e intervencións de familiares, amigos e historiadores coma Xusto Beramendi ou Lourenzo Fernández. O esbozo do intectual pontevedrés completarase coa emisión dunha entrevista en profundidade realizada para o espazo “Xente Nosa” de Televisión de Galicia.

A programación cultural da noite do mércores na segunda canle completarase co documental “Tempo de elexía: María Mariño entre Eugenio Novo e Novoneyra”, en que se revisa a relación entre a autora de “Palabra no tempo” e “Verba que comeza” e mais o poeta do Courel, quen editou os seus libros e promoveu a súa figura literaria.

 

ZIGZAG DIARIO

 

Este mércores o “ZigZag Diario” rende homenaxe ás voces femininas, como a de Mercedes Hernández, soprano compostelá que leva dedicándose a música dende moi nova. É fundadora de Resonet, un grupo de música co que gravou varios discos de diferentes estilos, como o barroco francés ou o renacentista europeo.

Pola súa banda, na súa sección musical, o xornalista Moncho Lemos falará dunha potente voz americana, a de Sophie Auster, que presenta en concerto este venres en Santiago o seu novo disco “Next Time”. Neste traballo rememora a grupos femininos dos anos 60 e 70. Ademais, no programa falarase da cámara semianecoica, un espazo deseñado e recuberto para absorver as ondas sonoras e electromagnéticas, que se encontra na Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo, onde se realizarán sesións musicais dentro do marco do festival Sinsal Son Estrella Galicia. Contarán con The Partisan Seed, proxecto persoal do cantautor portugués Filipe Miranda. Por último, o programa ocuparase do disco “Xardín Interior”, de Esposa, que se presenta na Reixa Tenda da capital galega, onde a o grupo realizará un concerto en acústico.

 

 

 

 

 

MINUTADO do 29/03/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro”, hoxe cos xornalistas Luís Villamor, María Méndez, Luis Pérez

:

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ «Coello estufado con cervexa a cuscús»

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO

Serie. Ricardo non se arrepinte de dar un paso adiante con Erea, ademais ela amósase encantada. Nese momento, Lucía decátase de que o que sente por Ricardo é real, pero se cadra xa é demasiado tarde. A Manuel danlle un toque de atención para que tome en serio as ameazas e consiga dunha vez por todas os cartos que lle piden. Finalmente, a Lidia danlle unha nova que pode cambiar a súa vida e a da súa familia.

:

12:00
MELLOR XUNTOS Cap. 19

A nosa viaxe de hoxe comenza no Salnés, onde Fernando Veiga, xerente de Horsal, vainos presentar algúns dos xefes. O programa “Mellor Xuntos” que retrata proxectos cooperativos galegos, fará un percorrido de Ourense ao val de Xestoso, pasando por Cualedro, Allariz, Vigo e Xinzo de Limia. Os reporteiros estarán coa historiadora Begoña Garrido, membro de Xeitura, unha empresa formada por arqueólogos que teñen como labor a xestión integral de patrimonio e a introdución da actividade arqueolóxica. O programa tamén coñecerá “Algalia”, unha cooperativa que ofrece asesoramento económico, legal e sociolaboral. Ademais, visitará Xinzo de Limia para mostrarlles aos espectadores como se traballa en “Antelco”, unha empresa que se dedica á construción de naves industriais.

:

12:35
A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe «Adiantos Informativos» e «O Agro», presentados por Irene Lamas.

13:50
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

15:50
FONTEALBA Cap. 133

Os Douro teñen que privarse e adaptarse a súa nova condición económica; non máis gastos, nada de clubs e saídas polas noites. Mati segue namorada de Ton, algo que a Fonso lle causa moitos celos. Gonzalo para axudar a Nina vai pedir os cartos que prestou Nina á familia, e para iso vai ter que falar seriamente con Luís.

:

16:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:40
PADRE CASARES,LOUREDO RESPONDE Cap. 60

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:00
PADRE CASARES Cap. 144: «Pechado ata novo aviso!»

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

:

19:10
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:30
INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.

21:50
O TEMPO

22:00
AVANCE SERIES G

22:20
VIDAGO PALACE Cap. 1

A serie ‘Vidago Palace’ narra o amor prohibido entre Carlota, filla dos condes de Vimieiro e noiva de César, e Pedro, empregado no hotel, nunha época en que imperaban as conveniencias familiares e sociais. Neste primeiro capítulo os espectadores coñecerán os condes de Vimeiro, unha familia de aristocráticos de Portugal que se encontran en declive pola ausencia de ingresos, deixando o esplendor das súas vidas nun segundo plano.
Lívia e Martim, pais da nova e guapa Carlota, encontran a solución no casamento desta con César da Silva, primoxénito dunha familia que se fixo rica no Brasil co cultivo do cacao. A voda vai ser o acontecemento social do verán no Vidago Palace, o impoñente refuxio das clases altas europeas, e implica a alianza perfecta para as dúas familias. Bonifácio e Benvinda, pais de César, veranse integrados na alta sociedade que anteriormente os rechazaba e para os condes supoñerá o respaldo económico que necesitan. Cando só queda medio mes para o enlace, a vida de Carlota cambiará por completo ao coñecer a Pedro, fillo de Alberto, o conserxe do Vidago Palace, e eventualmente camareiro no hotel.

:

23:05
STREET DOWN Cap. 1: «Gastronomía»

No programa “Street Down”, os espectadores verán o mundo a través dos ollos de Pablo e Pedro, dous mozos con Síndrome de Down, que serán protagonistas e presentadores deste espazo televisivo. no primeiro capítulo, os dous protagonistas compartirán cos espectadores a súa paixón pola gastronomía. Pedro e Pablo pasarán polos fogóns dos restaurantes A Estación en Cambre e Culler de Pau no Grove, os dous con Estrella Michelín, e visitarán o Mercado de Lugo e a Praza de Abastos de Santiago. Ademais, aprenderán a facer queixo na granxa-escola A Casa do Queixo, en Sobrado; recollerán mexillón nunha batea da ría do Grove e catarán un albariño elaborado coas uvas das viñas do Pazo de Fefiñáns. Por último, aprenderán a facer unha auténtica pizza italiana no Centro Superior de Hostalería de Galicia.

:

00:15
GALA «Premios de teatro María Casares 2017»

Coincidindo co 25 de xullo, Día de Galicia, a canle pública emitirá unha gala especial para conmemorar o seu 31 aniversario. O actor e monologuista Pepo Suevos conducirá os Premios María Casares. Contarán tamén coa intervención dos actores e actrices Silvana Couñago, Marta Lado, Roberto Leal, Alberto Rolán, Patricia Torres e Josito Porto, e con música en directo. “O tolleito de Inishmaan” de Contraproducións e FIOT Carballo, “Eroski Paraíso” de Chévere, “Raclette” de Ibuprofeno Teatro e “Voaxa e Carmín” de ButacaZerto e Eme2 son as producións con maior número de candidaturas. Ademais, o director e dramaturgo Eduardo Alonso recibirá o Premio de Honra Marisa Soto.

:

02:00
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:10
FONTEALBA Cap. 133 (Rep.)

:

3:00
VIDAGO PALACE Cap. 1 (Rep.)

:

03:50
STREET DOWN Cap. 1: «Gastronomía» (Rep.)

:

04:50
REPORTAXES «VIVIR AQUÍ» «Esteticién»

05:00
MAR DE FONDO MERCORES

05:05
NOITE DE JAZZ

05:20
SONS NA NOITE

05:45
A REVISTA (Rep.)

06:45
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

:

07:55
INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar