Baltar visita o viveiro de empresas da Cámara de Comercio

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o viveiro de empresas da Cámara de Comercio de Ourense, situado no Parque Tecnolóxico de Galicia. Na súa visita, o presidente do goberno provincial estivo acompañado polo presidente da entidade cameral, Juan Carlos Parada e os membros do Comité Executivo da Cámara, percorrido no que visitaron algunhas das empresas ubicadas no edificio. Baltar destacou as liñas de colaboración que mantén a Deputación de Ourense coa Cámara de Comercio, relacionadas cos ámbitos da internacionalización, a promoción de Ourense e a cooperación para explorar canles de negocio e competitividade, froito do cal a institución provincial achegará este ano un total de 100.000 euros para potenciar as “antenas” do Barco e Verín e o viveiro de empresas da Cámara.

Tamén se referiu o presidente provincial á colaboración coa Fundación Incyde, e ao programa de apoio ao emprego xove, que a Deputación desenvolve coa Escola de Organización Industrial, unha iniciativa que ten como obxectivo a formación de xóvenes no sector tecnolóxico, un dos ámbitos máis demandados polas empresas ourensás. Este programa, que é unha das medidas incluídas no Plan de Mandato «Ourense 15-19» da Deputación, beneficiará a máis de 450 mozos desempregados de entre 16 e 30 anos, e conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros, dos que a Deputación de Ourense achega o 8 % e o resto é financiado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa de Garantía Xuvenil e o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través da EOI.

REFORZAR A ALIANZA DEPUTACIÓN-EMPRESARIOS

 

Manuel Baltar lembrou o que xa apuntara no Debate sobre o Estado da Provincia no sentido de “reforzar a alianza entre a Deputación, os empresarios e o ámbito do emprendemento na provincia de Ourense, que tan ben personaliza e encarna a Cámara de Comercio”, e remarcou que o goberno provincial seguirá potenciando esa relación coa entidade cameral e co seu viveiro de empresas, “situado no centro tecnolóxico máis importante do noroeste peninsular, que amosa un peso importante de Ourense nos ámbitos da tecnoloxía, o emprendemento e o coñecemento”.

Na actualidade, case a metade dos niños de empresa cos que conta o viveiro atópanse ocupados por emprendedores “que desenvolven na súa maioría proxectos do ámbito tecnolóxico”, segundo afirmou Juan Carlos Parada. Estas instalacións da Cámara de Comercio no Parque Tecnolóxico foron inauguradas no ano 2004, e contan con 16 niños, cun espazo de entre 16 e 20 metros cadrados, e zonas comúns como salas de formación

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar