A Policía autonómica realiza 212 novas inspeccións do consumo de alcohol por menores

Axentes do grupo de Menores da Policía Autonómica levaron a cabo durante a pasada semana un total de 212 inspeccións de control de menores en 24 concellos galegos.

Por parte dos distintos grupos de menores da Policía Autonómica da Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, leváronse a cabo 30 dispositivos de control de menores en risco de desamparo, consumo de alcohol, tabaco e drogas en menores de idade, nos concellos da Coruña, Ames, As Nogais, Boqueixón, Caldas de Reis, Cambados, Cedeira, Lugo, Maside, O Porriño, Ourense, Ponteareas, Pontevedra, Redondela, Ribadavia, Ribadeo, Santiago de Compostela, Silleda, Teo, Tui, Vedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Xinzo de Limia.

Como resultado do dispositivo levado a cabo, foron levantadas 24 actas de infraccións á Lei 11/2010: 9 actas por consumo de alcohol e 15 actas por venda de alcohol. Foron identificadas 68 persoas e inspeccionadas 212 zonas de ocio, locais e centros comerciais.

A Policía Autonómica, dende a entrada en vigor da Lei 11/2010, de prevención de bebidas alcohólicas aos menores de idade, leva a cabo diversos dispositivos policiais por toda a Comunidade Galega, para velar polo cumprimento da mesma e previr o consumo deste tipo de bebidas polos menores de idade.

Nestes dispositivos, ademais das denuncias pola infracción da Lei 11/2010, tamén se informa aos propietarios dos locais do seu contido, das actuacións que deben levar a cabo para o cumprimento da mesma e evitar o consumo de alcohol entre os menores de idade, así como, que por parte da Policía Autonómica se continuará coas actividades necesarias para velar polo cumprimento da norma.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar