A Fundación Rosalía presenta mañá en Santiago a revista «Follas Novas»

 

A Fundación Rosalía de Castro presenta mañá en Santiago de Compostela ‘Follas Novas’, a nova revista de estudos rosalianos editada por esta institución e que dirixe Xosé Luís Axeitos, filólogo e membro da Academia Galega.

Será nun acto mañá 28 de marzo ás 20 horas na libraría Couceiro, que contará coa intervención da investigadora María López nchez; o director da revista, Xosé Luís Axeitos; e o presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira.

Neste primeiro número de ‘Follas Novas’, de 237 páxinas e que se publicará con periodicidade anual, atopamos artigos e investigacións dos principais expertos en Rosalía de Castro, tanto a nivel nacional como internacional. É o caso de Kathleen N. March, da Universidade de Maine (EEUU), Carme Fernández Sanjulián (Universidade da Coruña), María López (USC), Francisco Rodríguez ou a propia Pilar García Negro, entre outros.

Ao Consello de Redacción da publicación pertencen María Victoria álvarez, Xosé Carlos Beiró, Carmen Blanco, García Negro e o presidente da Fundación, Anxo Angueira. E no seu Comité Científico podemos atopar a Xosé Ramón Barreiro, Luís Cochón, Catherine Davies, Carme Fernández Pérez-Sanjulián, María Xesús Lama, Xosé Luís Méndez Ferrín, Aurora López, Kathleen March, Marina Mayoral, Camiño Noia, Andrés Pociña, María do Cebreiro Rábade, Francisco Rodríguez, Ana R. Fischer e Dolores Vilavedra.

Alén da revista en papel, é posible descargar en pdf os seus contidos na web da Fundación, http://follasnovas.rosalia.gal.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar