O modelo urbano leva a Pontevedra a delegacións de Andorra e Braga

O modelo urbano de Pontevedra trae á cidade dúas novas delegacións municipais: unha de Andorra la Vella (capital do Principado) e outra de Braga (Portugal).

Ao fronte da delegación de Andorra la Vella estará a Cónsol major (alcaldesa), Conxita Marsol Riart. Virá acompañada dos consellers de Urbanismo e Aparcamentos (Josep Antoni Cortés) e de Medio Ambiente e Innovación, David Astrié.

Queren coñecer polo miúdo o proceso de transformación vivido pola cidade; a toma de decisións que desenvolveu un modelo urbano que foi quen de deixar atrás unha cidade invadida polos coches e recuperar os espazos públicos para as persoas; a mellora da calidade urbana e da calidade de vida que trouxo; a resposta da cidadanía… Para acadar este obxectivo manterá un encontro cos técnicos municipais que traballaron e traballan no deseño urbano e coordinaron e coordinan as actuacións precisas para o seu correcto desenvolvemento. Tamén farán unha visita guiada pola cidade acompañados polo alcalde Miguel Fernández Lores ao fronte.

Andorra la Vella ten 23.000 habitantes e cabeceira dunha aglomeración urbana de 50.000. Conta con tres núcleos urbanos: Santa Coloma, La Marginada e Andorra la Vella.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar