O TXSG avala a actuación de Vigo na adxudicacion do contrato de zonas verdes

Concello de Vigo.


A mesa de contratación do Concello excluíra do proceso de licitación e contratación ás empresas Valoriza e Cespa, que recorreran a decisión ante o Tribunal Central de Recursos Contractuais. Agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima correcta a decisión municipal de adxudicalo a Althenia.

O alcalde informou este martes da recepción dunha sentenza da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o proceso de licitación do contrato de conservación de zonas verdes do Concello, que considera «correcta» a decisión da mesa de contratación de excluír ás empresas Valoriza e Cespa do procedemento e adxudicar o contrato a Althenia.

Así, o Tribunal aprecia incorrecta a decisión do Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais que estimara a demanda destas dúas empresas e decide na contra dos seus recursos.

Tal e como explicou o rexedor, a mesa de contratación adxudicara no ano 2015 o contrato de conservación e reposición de zonas verdes da cidade á empresa Althenia, excluíndo a Cespa e Valoriza, unha decisión que demandaran as dúas concorrentes e que estimara o Tribunal de Recursos Contractuais, que decidiu que «debiamos retrotraer contrato e darllo a Valoriza». O Concello acatou a decisión xudicial pero recorreuna ao considerar que o órgano de contratación estaba no certo. Agora, o TSXG avala a actuación da mesa de contratación evidenciando que «a decisión municipal fora adecuada polo que a concesionaria, en función desta decisión, é Althenia. Dálle enteiramente a razón ao Concello de Vigo», apuntou.

Nestes momentos, os servizos xurídicos municipais están valorando o procedemento a seguir neste caso.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar