O actor e humorista Antonio Garrido, esta noite no «Land Rober Tunai Show»

 

Hoxe xoves, visita o “Land Rober Tunai Show” un dos rostros máis populares da pequena pantalla, o actor e humorista Antonio Garrido. Curtido en mil batallas como veterano do mundo televisivo, desta vez terá que enfrontarse a Roberto Vilar e á súa tropa. O andaluz deberá sobrevivir ás trasnadas que lle fagan no programa.
Os espectadores tamén coñecerán os detalles da esperada voda de Eva Iglesias, que contarán os propios protagonistas e os convidados ao evento. Ademais, volverán “Os xubilados” e non faltarán os xogos coa audiencia, as sorpresas de cada programa e, como sempre, os sketchs. A partir das 22.00 h., continúa a troula con Roberto Vilar e os colaboradores habituais Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán.

 

A REVISTA

 

 

Este xoves, “A Revista” proponlles aos espectadores revisar a historia da moda para tratar de explicar a atracción que exerce sobre todo tipo de persoas na sociedade actual, e valorar a súa vertente artística. Laura Peña conversará no estudio co profesor universitario e escritor José María Paz Gago, que acaba de publicar “El octavo arte. La moda en la sociedad contemporánea”.
Ademais, no programa, presentarase a Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá que se celebra esta fin de semana no concello lucense, e Moncho Lemos comentará, como cada xoves, as estreas da carteleira nos cines
Por outra parte, os reporteiros achegaranse a Santiago de Compostela para visitar un local en que traballan o mellor tirador de cervexa de Galicia, o mellor cortador de xamón de España e un recoñecido barista. E, seguindo no mundo da restauración e da gastronomía, os reporteiros estarán nunha clase de cociña para nenos en Valladares, en Pontevedra.

tvG2
ZIGZAG DIARIO

 

“ZigZag Diario” achégase ao Festival Internacional de Cine Documental Play Doc que se está a celebrar en Tui. Pilar G. Rego conversará no estudio co fotógrafo Tono Mejuto que presenta no certame a súa primeira obra documental, “Quiasma”, que recrea o proceso de creación dun espectáculo de danza contemporánea do coreógrafo Javier Marín.

O programa dálle eco tamén ao traballo de Waka Films, unha oenegué especializada no ámbito da comunicación que produciu documentais como “Yerro, capitán de su destino” que se centra nas condicións en que viven os inmigrantes nos Centros de Internamento de Estranxeiros ou “El secreto de Bosque”, gravada en áreas protexidas de Guinea Ecuatorial. Noutra reportaxe, a realizadora galega Carmen Rey falará dos seus últimos proxectos.

 

 

 

MINUTADO do 23/03/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

 

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo Faladoiro cos xornalistas José Luis Jiménez, Julián Rodríguez e Luis Pérez.

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ Cap. 1137: «Flan de chocolate branco e iogur»

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO Cap. 131

Serie. O ambiente en Samáns volveuse tenso tras a detención de Manuel.
Calquera poder ser o culpable de delatar a Manuel. Carme está preocupada pola repercusión mediática do caso. Se a imaxe pública dos Samáns se resinte, os negocios comenzarán a menguar. Santiago e Lidia están máis unidos ca nunca polo segredo que comparten. Pero Lidia necesitará desafogarse e encontrará o apoio que precisa en alguén cercano a Santiago. Fina segue empeñada en xubilarse, pero Santiago falará con ela para que cambie de opinión.

11:55
SOPA DE FESTA Cap. 68: «Festa do caldo galego de Mourente (Pontevedra)»

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. O protagonista de hoxe é o caldo galego, que se enxalza na festa gastrónomica de Mourente, en Pontevedra.

12:35
A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe «Adiantos Informativos» e «O Agro», conducidos por Irene Lamas.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo

15:50
FONTEALBA Cap. 129

Gonzalo tras pedirlle para casarse a Nina sabe que teñen que ocultalo pola posibilidade de que ocasionen máis tensións na familia. Mati finalmente comeza a saír cun chico que se chama Ton e Fonso ten que asumir que xa non ten posibilidades con ela. Gonzalo segue coa procura de emprego, e xa ten varias entrevistas de traballo. Andrés un pouco máis calmado cara Carmela pídelle unha cita.

16:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:30
PADRE CASARES,LOUREDO RESPONDE Cap. 56

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

17:50
PADRE CASARES Cap. 140: «Día do pai»

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

19:00
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.

21:50
O TEMPO

22:05
LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS

22:20
LAND ROBER TUNAI SHOW Cap. 82

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Esta noite, estará no estudio o actor e presentador Antonio Garrido.

00:55
SHETLAND Cap. 2: «Ósos vermellos. Segunda Parte”

Thriller policial da BBC que se desenvolve nas illas británicas do mesmo nome. Un detective regresa á súa vila natal disposto a defender os seus veciños de calquera mal que ameace a tranquila vida do arquipélago.

01:50
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:00
FONTEALBA Cap. 129

Gonzalo tras pedirlle para casarse a Nina sabe que teñen que ocultalo pola posibilidade de que ocasionen máis tensións na familia. Mati finalmente comeza a saír cun chico que se chama Ton e Fonso ten que asumir que xa non ten posibilidades con ela.
Gonzalo segue coa procura de emprego, e xa ten varias entrevistas de traballo. Andrés un pouco máis calmado cara Carmela pídelle unha cita.

02:50
TI VERÁS (Rep.)

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros. Mati finalmente comeza a saír cun chico que se chama Ton e Fonso ten que asumir que xa non ten posibilidades con ela. Gonzalo segue coa procura de emprego, e xa ten varias entrevistas de traballo. Andrés un pouco máis calmado cara Carmela pídelle unha cita.

03:35
MAR DE FONDO

Santiago Pemán informa sobre as condicións meteorolóxicas marítimas

03:40
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

04:10
SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal

04:30
A REVISTA REPOSICIÓN

05:35
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

06:35
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

08:00
INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar