A CRTVG estrea «Destino Santiago», a peregrinación en tempo real de Lucía Pérez e Tonhito de Poi

A CRTVG estrea hoxe o programa “Destino Santiago”, primeira grande experiencia en España da chamada slow TV, concepto implantado pola canle pública norueguesa NRK e que na súa versión galega recibe o nome de televisión amodiño. Os medios públicos de Galicia emitirán multiplataforma, durante 40 xornadas, a peregrinación en tempo real dos artistas musicais Lucía Pérez e Tonhito de Poi ata Compostela, seguindo o Camiño Francés.

O espazo, que contará con máis de doce horas de emisión ininterrompida en directo, poderá verse en streaming pola web da CRTVG e seguirse a través de todos os soportes dos medios públicos: Televisión de Galicia, Radio Galega, web e redes sociais. En total, “Destino Santiago” vai sumar ao redor de 300 horas de emisión ao vivo e contará con conexións nos programas “Galicia por diante”, “A Tarde” e “Somos Quen” da Radio Galega, e “A Revista” e “Área Pública” da TVG. Nas fins de semana emitirase un programa resumo na Televisión de Galicia.

Para poder levar a cabo esta innovadora experiencia, xurdida dentro do Laboratorio de Innovación Audiovisual de Galicia, Labovisión, a CRTVG creou o portal TVG Amodiño e a páxina www.destinosantiagotvg.gal, a través das que emitirá a evolución e situacións con que se atopen os camiñantes de 08.00 a 20.00 h.

Os protagonistas de “Destino Santiago” farán cada día unha etapa duns 22 quilómetros, partindo desde Roncesvalles. Ademais de amosar o que aconteza en cada momento en directo, a web dos medios públicos incluirá vídeos, resumos das etapas e fichas de cada tramo do Camiño. Os seguidores do programa tamén contarán nas redes sociais cun chat para conversar cos protagonistas en tempo real.

 

 

LARPEIROS

 
Os grelos son unha das bandeiras da gastronomía galega e, en plena temporada, os “Larpeiros” non podían deixar de levalos á súa cociña. Ademais de ser imprescindible nos cocidos, esta verdura admite calquera acompañamento, tanto de carnes como de pescados, e cada vez son mais os cociñeiros que se atreven a innovar empregándoa en cremas, xeados e batidos. Don Benigno propón este martes unha receita que sorprenderá a moitos espectadores, coello con grelos e patacas. Pola súa parte, Adrián desprazarase ata o Fogar do Santiso, moi preto de Santiago de Compostela, onde aprenderá todo o necesario para cultivar grelos. Ademais, terá tempo para facer unha empanada de grelos e queixo. Mentres, na casa, Merche e Leni prepararán a sobremesa coa que agasallarán o resto dos “Larpeiros”, un pastel con pataca doce.

 

SEN BARREIRAS

 
O programa “Sen Barreiras”, que lles achega aos espectadores da Televisión de Galicia institucións e organizacións que traballan pola integración, visitará o Laion, un barco incautado por narcotráfico e que agora é utilizado por persoas con discapacidade para navegar e realizar actividades no mar. Ademais, o espazo falará coa presidenta da Asociación de Crohn e Colite Ulcerosa de Vigo.

 

O SAL DA TERRA

 
Esta noite, “O sal da terra” comeza cunha novidade nas vidas de Carmela e de Berto, que por fin toma a decisión de independizarse e buscar piso. A alegría duraralle pouco á súa nai, que terá que reconducir o seu fillo ao ver que, sen a súa tutela, vai polo mal camiño. Coma en cada episodio, a trama de ficción completarase con interesantes apuntes gastronómicos. Desta volta, Berto cociñará unhas patacas mariñeiras con ameixas, e levará os espectadores ao restaurante Benboa, onde o cociñeiro lle revelará algunha das súas receitas. Pola súa parte, Carmela visitará as mariscadoras da Pobra e percorrerá algúns dos paraísos naturais da zona coma as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.

 

 

COS PÉS NA TERRA

 
Este martes “Cos pés na terra” proponlles aos espectadores unha nova viaxe por Galicia para coñecer persoas que apostaron polo rural para desenvolver os seus proxectos vitais e profesionais. O programa amosa hoxe as condicións en que se traballa no cultivo en ecolóxico, da man de Anabel, unha labrega de Vilalba que recolle auténticos tesouros na súa horta. Tamén na provincia de Lugo, os espectadores coñecerán a Ramón, un gandeiro de Monforte que apostou por unha actividade diferenciada criando avestruces. O terceiro protagonista do programa será Avelino, un rapaz de Lalín que ten moi claro que o seu futuro está na gandería

 

 

A REVISTA

 
“A Revista” estará hoxe presente en distintos actos conmemorativos do Día Mundial da síndrome de Down. Ademais, contará no estudio con María José Jimeno e o seu fillo, afectado por esta alteración xenética, e co actor Pablo Candal, a quen os espectadores da Televisión de Galicia poderán proximamente no programa “Street Down”, en que viaxará por Galicia con outro mozo amosando o país cos seus ollos.

Os reporteiros do programa farán seguimento dunha xornada que, este ano, ten como lema “Cárgate de solidariedade!”. Down Galicia está realizando unha campaña para obter financiamento para os programas de autonomía persoal que realizan as diferentes entidades que conforman a organización. Pódese contribuír mercando unha batería recargable externa creada para a ocasión.

Os xornalistas dos medios públicos estarán na inauguración en Pontevedra dun mosaico de 12×5 metros creado polo artista Gerardo Rodríguez “Che” e composto por diferentes pezas de azulexo. Baixo o título “Xuntos” representa unha ponte, símbolo da cidade, e alude a Down Pontevedra e ao Día Mundial da Síndrome de Down. Na mesma cidade, visitarán o labirinto “No camiño da inclusión”, en que atoparán imaxes que simbolizan prexuízos que a sociedade amosa en relación as persoas con síndrome de Down. Á saída, divídese en dous roteiros polo casco histórico da cidade. Un, sinalado en amarelo, que, coincidindo tamén co Día da Poesía, levará a librerías que amosarán nos seus escaparates libros relacionados con esta alteración xenética. Outro, sinalado en azul, que levará a tendas de téxtil que amosarán o logotipo de Down Pontevedra.

Ademais, Laura Peña, presentadora do magazine, recibirá a Carlos Roma, experto en moda que nesta ocasión falará do que non se debe levar nunca a unha voda. Tamén conectará en directo cos protagonistas de “Destino Santiago”, Lucía Pérez e Tonhito de Poi, que partiron desde Francia con destino a Catedral de Santiago de Compostela dentro deste novo espazo de emisión online que amosará a súa peregrinaxe durante 12 ao día.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

“ZigZag Diario” recibe no estudio de gravación a Aurora Marco. Hai uns meses presentou o libro “Elas”, unha compilación de biografías de 400 mulleres galegas. A sede de Santiago de Afundación acolle agora unha exposición que co mesmo título na que se amosan 38 cadros orixinais realizados por pintoras galegas. O programa tamén falará doutra mostra, “(Ex)posiciones críticas”, un proxecto que o público poderá encontrar no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC) e que reúne pezas españolas do último cuarto do século XX. Visitante e espectador poderán facer un percorrido por vinte anos de creación artística, de 1975 a 1995.

Ademais, o programa cultural da tvG2 emitirá unha reportaxe sobre o Día Mundial da Poesía, proposto no ano 1999 pola UNESCO co obxectivo de contribuír á diversidade creativa. Tamén se ocupará da entrega do Premio Literario San Clemente, que se celebra hoxe e que nace co propósito de fomentar a paixón pola lectura entre os mozos alumnos dos institutos galegos.

MINUTADO do 21/03/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro”, hoxe cos economistas Luis Camarés e Maite Cancelo Márquez.

:

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:00
O FARO Cap. 129

Serie. A festa na honra de Santiago é o momento idóneo para que teñan lugar os encontros máis incómodos e as alianzas máis inesperadas ata o momento.
Lidia está a punto de descubrir o segredo que estivo gardando o seu pai todo este tempo e quen é de verdade Gonzalo. Santiago posiciónase no bando da súa muller en Samáns, algo que afectará a empresa e especialmente a Manuel.

:

11:55
SEN BARREIRAS

Programa de servizo público. O programa “Sen Barreiras”, que lles achega aos espectadores da Televisión de Galicia institucións e organizacións que traballan pola integración das persoas con discapacidade visitará o Laion. É un barco incautado por narcotráfico e que agora é utilizado por persoas con discapacidade para navegar e realizar actividades no mar. Ademais, o programa falará coa presidenta da Asociación de Crohn e Colite Ulcerosa de Vigo, un exemplo de vitalidade, amante dos animais e do boxeo.

:

12:30
A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe «Adiantos Informativos» e «O Agro», presentados por Irene Lamas.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

15:50
FONTEALBA Cap. 127

Gonzalo, tras pedirlle para casar a Nina, sabe que teñen que ocultalo pola posibilidade de que ocasionen máis tensións na familia. Amalia pensa que a única solución que hai para conseguir o diñeiro e recoller o que teñen na súa conta de Suíza. Luís non quere nin escoitar falar que vaia a propia Amalia e comezan a pensar quen pode ser o encargado desa misión. Non poden parar tampouco de recortar en gastos e iso vai afectar nos ánimos e nos soldos da plantilla. Lourdes comeza a desconfiar de Roberto.

:

16:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

:

17:40
PADRE CASARES,LOUREDO RESPONDE Cap. 54

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:00
PADRE CASARES Cap. 138: «Un día na vida dun héroe»

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

:

19:00
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

:

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.

21:50
O TEMPO

22:05
LARPEIROS «Fans dos grelos»

Os protagonistas de “Larpeiros” manteñen unha animada conversa sobre as ovellas e os cordeiros. Os grelos son unha das bandeiras da gastronomía galega, e en plena temporada, os “Larpeiros” non podían deixar de levalos a súa cociña. Ademais de ser imprescindible nos cocidos, esta verdura admite calquera acompañamento, tanto de carnes como de pescados, e cada vez son mais os cociñeiros que se atreven a innovar empregándoa en cremas, xeados e batidos. Don Benigno propón este martes unha receita que sorprenderá a moitos espectadores, coello con grelos e patacas. Pola súa parte, Adrián desprazarase ata o Fogar do Santiso, moi preto de Santiago de Compostela, onde aprenderá todo o necesario para cultivar grelos. Ademais, terá tempo para facer unha empanada de grelos e queixo. Mentres, na casa, Merche e Leni prepararán a sobremesa coa que agasallarán o resto dos “Larpeiros” cun pastel con pataca doce.

:

22:40
COS PÉS NA TERRA

Programa onde se amosa a vida cotiá das xentes que viven por e para o campo. O día a día das persoas que viven no rural e aman o seu modo de vida. Cos pés na terra” propón aos espectadores unha nova viaxe por Galicia para coñecer persoas que apostaron polo rural para desenvolver os seus proxectos vitais e profesionais. Esta noite, o programa amosa as condicións en que se traballa no cultivo en ecolóxico, da man de Anabel, unha labrega de Vilalba que recolle auténticos tesouros na súa horta. Tamén na provincia de Lugo, os espectadores coñecerán a Ramón, un gandeiro de Monforte que apostou por unha actividade diferenciada criando avestruces. O terceiro protagonista do programa será Avelino, un rapaz de Lalín que ten moi claro que o seu futuro está na gandería

:

23:45
O SAL DA TERRA «Por fin soa»

Serie culinaria. Nunha nova entrega do programa de cociña, reportaxes e ficción “O sal da terra”, a casa de Carmela e Berto sofre un corte de electricidade, o que non impide que Berto cociñe un pote mariñeiro de mexillóns. O sal da terra” comeza cunha novidade nas vidas de Carmela e de Berto, que por fin toma a decisión de independizarse e buscar piso.
A alegría duraralle pouco a Carmela que terá que reconducir ao seu fillo ao ver que, sen a súa tutela, vai polo mal camiño. Como en cada episodio, a trama de ficción complétase con interesantes apuntes gastronómicos. Desta volta, Berto cociñará unhas patacas mariñeiras con ameixas, e levará os espectadores á cociña do restaurante “Benboa”, onde o chef lle revelará algunha das súas receitas. Pola súa parte, Carmela visitará as mariscadoras da Pobra e percorrerá algúns dos paraísos naturais da zona coma as dunas de Corrubedo e as lagoas de Carregal e Vixán.

:

00:40
CINEMA DE NOITE : «Carapuchiña vermella, a quen tes medo?»

(“Red Riding Hood”), de Catherine Hardwicke, con Amanda Seyfried, Shiloh Fenández, Max Irons, Gary Oldman, Julie Christine. EUA, 2011, 91’, drama-fantástico (12)
Chega unha nova versión da “Carapuchiña Vermella” de toda a vida. Durante moito tempo, os habitantes de Daggerhom teñen un complexo pacto co lobishome: para alimentarse, sacrifícanlle mensualmente un animal. Pero a besta rompe co pacto, devorando un humano. A víctima é a irmá de Valerie, unha fermosa rapaza que acaba de saber que os seus pais a van casar con Henry, o herdeiro da familia máis adiñeirada da vila. Pero o problema é que ela está namorada de Peter, un leñador. Ambos deciden fuxir, pero o lobishome troca os seus plans. Para acabar coa besta definitivamente, os habitantes da vila contratan o pai Solomon, un experto cazador de lobishomes. Solomon creará aínda máis o pánico entre os habitantes da vila cando lles di que o lobishome adquire forma humana durante o día e que a criatura podería estar entre os habitantes da vila camuflada.

:

02:15
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:25
FONTEALBA Cap. 127 (Rep.)

:

03:10
LARPEIROS «Fans dos grelos»

:

03:45
NACER DE NOVO

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.

04:00
MAR DE FONDO MARTES

04:05
NOITE DE JAZZ

04:35
A REVISTA (Rep.)

05:40
NOITE DE JAZZ

06:40
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

:

07:55
INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar