Medios antiincendios para os bombeiros do Polígono de San Cibrao

O deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, e o vicepresidente do Consorcio Provincial de Incendios, Luis Menor, visitaron as instalacións do parque móbil da Deputación de Ourense que conta cunha nova incorporación a súa flota. Trátase da cesión, por parte do Consorcio Provincial de Incendios, mediante un convenio de colaboración, á dotación de bombeiros de San Cibrao das Viñas, dun vehículo de primeira saída denominado BUL para uso de extinción de incendios.

Esta cesión de material débese a que o Consorcio Provincial de Incendios está a adquirir novo material por medio de Fondos Europeos, o que permite unha redistribución dos recursos existentes polo resto de agrupacións de bombeiros da provincia de Ourense”, explicou o deputado provincial de Cooperación.

Este vehículo de dobre cabina, tracción 4×4 e cuba de auga con capacidade para 3.200 litros, “ofrece un servizo de extinción de incendios no ámbito de actuación correspondente a esta dotación de bombeiros”, dixo presidente do Consorcio Provincial de Incendios, Pablo Pérez, e engadiu, “o vehículo atópase totalmente operativo e cos mantementos ao día para prestar servizo de xeito inmediato”

Así mesmo, Pablo Pérez destacou a importancia de “optimizar os recursos existentes para continuar a mellorar a calidade da prestación dos servizos que ofrece o goberno provincial á cidadanía e aos concellos da provincia”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar