Maria Mera e Victor Mosqueira troulean hoxe no “Land Rober Tunai Show”

 Este xoves, visita o “Land Rober Tunai Show” unha das actrices con máis proxección de Galicia, María Mera. A protagonista de “Dalia, a modista”, unha das series triunfadoras nos Premios Mestre Mateo, volve ao programa para acompañar a Roberto Vilar e a súa tropa, os colaboradores Eva Iglesias e Xosé Antonio Touriñán. Por outra banda, Víctor Mosqueira, outro dos mellores actores do panorama galego e coñecido pola súa interpretación como Francisco Taracido en “Mareas Vivas”, será parte importante dos sketchs desta semana. Ademais, volven os famosos gorrillas e continúa o seguimento da voda da colaboradora Eva Iglesias, a que acompañarán a escoller un “look” de noiva para lucir o día do seu enlace.

 

 

A REVISTA

O programa “A Revista” achégase hoxe ata o hospital móbil do Sergas para coñecelo dende dentro. En setembro do 2015 comezaron a funcionar en Galicia dúas unidades móbiles, que permiten habilitar en distintos puntos da comunidade un quirófano, varias consultas de saúde, unha sala de formación ou un espazo para facer probas diagnósticas. Este ano comezará en Santiago un plan de formación para profesionais de atención primaria e de urxencia sobre reanimación cardiopulmonar que se levará a cabo neste novo vehículo. Os reporteiros do programa estarán alí para amosarllo aos espectadores. Ademais, o programa visitará en A Coruña a sede de Afundación para coñecer a iniciativa da compañía da actriz catalana, Blanca Marsillach. Desde hai tempo, traballa para acercar o teatro ás persoas con discapacidade co obxectivo de sensibilizar e formentar a súa integración. Nesta ocasión trae á Coruña unha adaptación de “Los Pasos”, de Lope de Rueda.

No estudio de gravación estará Ana Saavedra, presidenta da Asociación Mirabal, que realiza actuacións contra a violencia de xénero e a favor das vítimas e os seus familiares. Ademais, e como cada xoves, o xornalista Moncho Lemos falará das estreas cinematográficas.

 

tvG2
ZIGZAG DIARIO

A realizadora Marta Piñeiro visita este xoves o estudio de “ZigZag Diario” para comentar a estrea virtual da súa curtametraxe documental “Deuteronomio 7:20”, que se proxecta este venres. A peza, gravada en setembro no marco do encontro de cineastas galegos Chanfaina Lab en San Sadurniño, abre un ciclo de estreas en liña que continuará durante as próximas semanas con outras producións.
Os festivais de primavera centrarán tamén a atención do cultural, en que se tratará a vindeira edición de Play Doc de Tui ou o Festival de Málaga, en que destaca a presenza de dous traballos con sinatura galega, “Néboa” e “La fuga de los 45”. Ademais, o programa incluirá unha reportaxe sobre a segunda Escolma de cinema galego de Sarria en que, a partir do vindeiro sábado, se proxectarán algunhas das mellores producións dos novos creadores galegos, entre elas o documental “Sen vacas no xeo” de Eloy Domínguez, gañador do último Play Doc, como explicará Alberte Blanco, director do festival sarriao.

MINUTADO do 16/03/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo Faladoiro cos xornalistas Roi Rodríguez, Julián Rodríguez e Carla Reyes.
10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ : “Arroz con bacallau en tempura”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.
11:05
O FARO Cap. 126

Serie. As reformas do Faro remataron e as mulleres do Faro dan unha grata sorpresa a Fina. O estudio de arquitectura e Samáns non pasan polo seu mellor momento. Mentres uns encontran remedios momentáneos para remontar, outros, como Víctor, non queren axudas externas. Ricardo marca distancias con Lucía, seguindo os consellos de Víctor, e só se comunica con ela a través de notas. Erea intenta achegarse a Ricardo e tamén a Carme, o seu grande apoio a partir deste momento.
12:00
SOPA DE FESTA Cap. 67: “Festa do Queixo de Arzúa”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. O programa da Televisión de Galicia “Sopa de Festa” achegará aos espectadores un dos recoñecidos produtos galegos, o queixo de Arzúa – Ulloa coincidindo coa celebración da súa Festa do Queixo. O equipo visitará Casa Chus, unha casa de comidas onde a cociñeira María José San Martín utiliza habitualmente este produto para preparar os seus pratos. Cun deles, canelóns de remolacha recheo de espuma de queixo de arzua e foie, presentouse o Concurso de Tapas e Petiscos da festa. Ademais, os espectadores tamén poderán ver todo canto aconteceu nesta feira na que os visitantes poden degustar e probar outras variedades de queixo, presenciar diferentes concursos ou asistir a algún obradoiro.
12:35
A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.
13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.
13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.
14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.
15:35
O TEMPO

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo
15:50
FONTEALBA Cap. 124

Gonzalo, tras pedirlle para casar, a Nina sabe que teñen que ocultalo pola posibilidade de que ocasionen máis tensións na familia. Andrés é o novo capataz de Hortodouro, non é un posto que lle interese moito, pero dálle motivos para presumir e facer rabiar a Carmela. Roberto e Aurora volven estar cada vez máis preto, cariñosos e atentos entre eles.
Isto fai que Roberto comece a tomar unha distancia con Lourdes que ela nota e lle fai pensar que está volvendo con Aurora. Luís non está moi contento con como está a levar o posto de capataz o seu fillo Andrés e quérelle dar un toque de atención.
16:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
17:40
PADRE CASARES, LOUREDO RESPONDE

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.
18:00
PADRE CASARES Cap. 135: “Nin contigo nin sen ti”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa, para substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.
19:05
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.
20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR
20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.
21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.
21:50
O TEMPO
22:05
LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS
22:15
LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Esta noite, visitan o estudio os actores galegos María Mera e Víctor Mosqueira.
00:55
SHETLAND Cap. 1: “Ósos vermellos. Primeira parte”

Thriller policial da BBC que se desenvolve nas illas británicas do mesmo nome. Un detective regresa á súa vila natal disposto a defender os seus veciños de calquera mal que ameace a tranquila vida do arquipélago.
01:50
TELEXORNAL NOITE
02:00
FONTEALBA Cap. 124 (Rep.)
02:50
TI VERÁS (Rep.)
03:40
REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” Cap. 736: “Pan da moa”
03:50
MAR DE FONDO XOVES
03:55
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.
04:25
SONS NA NOITE

Pezas mestras da música clásica universal
04:45
A REVISTA
05:45
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.
06:40
ÁREA PÚBLICA (Rep.)
07:55
INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar