O Concello de Ourense vai repoñer este mes 127 árbores na cidade


O Concello de Ourense acometerá a reposición de 127 árbores na cidade, supoñendo 10 unidades máis que as utilizadas no mesmo período o ano pasado. Logo dunha valoración do arboledo diario danado, tanto por actos vandálicos como por enfermidades propias, os técnicos da Concellería de Medio Ambiente cuantificaron esta necesidade de árbores de 20 especies diferentes, que se distribuirán por todos os barrios da cidade durante este mes.O concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, valora o traballo dos técnicos municipais e recalca que «é unha das máximas deste goberno municipal devolverlle o brillo á cidade, manténdoa limpa e ordeada. O arbolado forma parte esencial de Ourense e, como tal, é a nosa obriga mantelo en óptimas condicións e mellorar o que xa existe».Por elo, aínda que este mes se proceda á reposición de 127 unidades de árbores, o traballo de vixiancia e control das especies continuará e tamén futuras reposicións, se así fosen precisas. De feito, desde a Concellería de Medio Ambiente e do propio Viveiro Municipal, onde se restauran especies danadas e se depositan as novas adquisicións para a súa posterior reposición, realizan un minucioso estudio das especies axeitadas para cada zona, en función das súas características.

As especies que se reporán serán as seguintes: Acer Platanoides ‘Globosum’, Acer Rubrum, Camelia Xapónica, Cercis Siliquastrum, Crataegus monogina, Fraxinus Excelsior, Arbutus Unedo, Ligustrum lLucidum, Ligustrum Variegata, Liquidambar Styraciflua, Lirodendrom Tulipifera, Vielia Azederach, Nerium Oleander, Platanus Hispanica, Photinia Serraluta ‘Red Robin’, Prunus Serraluta ‘Amanogawa’, Prunus Serrulata ‘Kanzan’, Prunus Nigra, Pyrus Communis e Robinia Pseudoacacia.

E, segundo a distribución analizada deseñada polos técnicos municipais, emprazaranse nas seguintes rúas e zonas da cidade:

Especie

Rúa

Nº de marras

TOTAL

Acer Platanoides «Globosum» Santo Cristo

1

4

Concordia

1

Avda Buenos Aires

2

Acer Rubrum Lagoas

5

5

Camelia Japonica Avda Caldas

1

1

Cercis siliquastrum Coruña

1

Vázquez Núñez

3

Martínez Sueiro

1

Rúa do gaiteiro

1

Carlos Maside

1

Cardenal Quevedo

6

Mestre Vide

2

Ervedelo

1

Rio Arnoia

2

18

Crataegus monogina Pura y Dora Vázquez

1

4

Canella de abaixo

1

Plaza de la Marina

1

Peña Corneira

1

Fraxinus excelsior Remedios

2

3

Parque estación

1

Arbutus Unedo Ervedelo

1

1

Ligustrum lucidum Vasco Díaz Tanco

6

30

Portalon do Casar

2

Avda Portugal

1

Fernández Bordás

2

Francisco Sánchez

1

Pascual Veiga

1

Eladio Rodríguez

1

Irmáns Xesta

1

Vicente Risco

1

Avda Marín

8

Gómez Franqueira

6

Ligustrum variegata Jesús Soria

1

4

Dali

1

Fernández Bordás

1

Gregorio Fernández

1

Liquidambar styraciflua Padre Sarmiento

1

6

Río Támega

2

Río Bibei

1

Río Arenteiro

1

Plaza Paz Nóvoa

1

Liriodendron tulipifera Avda Universidad

7

10

Celso Emilio Ferreiro

1

Rio Arnoia

2

Melia Azederach Lagoas

3

3

Nerium oleander Rúa Carriarico

1

2

Plaza del Couto

1

Platanus hispanica Peña Trevinca

1

5

Antonio Failde

1

Camiño Caneiro

3

 

 

Photinia Serraluta “Red Robin” Peña Trevinca

1

1

Prunus serrulata «Amanogawa» Doctor Fleming

4

7

Curros Enriquez

1

Progreso

2

Prunus serrulata «Kanzan» Doctor Fleming

4

8

Antonio Puga

3

Plaza Barreiros

1

Prunus nigra Plaza Sagrado Corazón

1

5

Velázquez

1

Avda de la Habana

3

Pyrus communis Nicomedes Pastor Díaz

1

2

Vicente Risco

1

Robinia pseudoacacia Vasco Díaz Tanco

3

12

Nuestra Señora de la Sainza

6

Garcia Alvarez

1

Rúa dos limoeiros

1

Río Camba

1

Total Árbores

127

Sinalan os técnicos de Medio Ambiente que as especies de arbolado viario que medran nos alcorques ou espacios confinados na xestión normal, deben ser protexidos e repostos no caso de que morran. Dado que as árbores teñen unha vida longa, pero moi castigada nestes espacios confinados, chegan a un grao moi severo de decrepitude e tómase a decisión de retiralos ou substituílos; pois é habitual que o arboledo viario de certa idade, non estea nunhas condicións óptimas e arrastren unha serie de problemas crónicos e irreversibles.

Os labores de reposición constan dos seguintes traballos: apertura de alcorques, retirada de tocóns vellos, prantación, recheado de terra vexetal e entutorado. Para levar a cabo estas substitucións, tivéronse en conta os siguintes aspectos:

  •     Se a especie móstrase adecuada, inaxeitada ou inadaptada ao lugar.
  •     O estado do arboledo existente e as alteracións da súa parte aérea e do sistema radicular.
  •     A lonxevidade e a esperanza de vida do arboledo existente (vida útil), normalmente o arboledo en mal estado non ten por que morrer, pero hai que tomar unha decisión, a súa retirada ou substitución.
  •     A adaptabilidade e funcionalidade do novo arboledo escollido.
  •     Roturas e golpes producidos por accidentes ou actos vandálicos.
  •     Morte por falla de recursos hídricos, etc.
  •     Outros danos ou morte de exemplares por outras causas.

A reposición do arboledo viario e de zonas verdes realizase anualmente «a vexetación parada», para lograr abaratar o custe por transporte dos mesmos. Cunha provisión, a maiores, para realizar reposicións ou substitucións ocasionais, que se depositan nas instalacións do Viveiro Municipal ata o seu uso. Isto ten unha explicación: dado a que as árbores se colocan nunha época determinada (a vexetación parada) e a realización do pedido é conxunta, pois sería antieconómica a compra de exemplares de maneira individual, encarecendo sobre todo o transporte e as unidades arbóreas, ao ter que adquirirse con contenedor específico, por estar fóra de época de plantación, e o risco existente da supervivencia da árbore.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar