A TVG estrea hoxe a película «Juana de Vega, vizcondesa do Arado»

A Televisión de Galicia estrea hoxe a partir das 22.30 h. a película “Juana de Vega. Vizcondesa do Arado”, coincidindo co Día Internacional da Muller. A ficción reivindica a labor social desta coruñesa, figura clave do século XIX e pioneira na defensa da xustiza e a igualdade. Testemuña e participante da revolución liberal, aia da raíña Isabel II e da infanta Luisa Feranda, e fundadora xunto a Concepción Arenal dun padroado para a visita e ensinanza dos presos, Juana de Vega foi un dos personaxes máis salientables do século XIX en España. E, pese a ser referida polos historiadores como “a gran dama do progresismo español”, a súa historia é pouco coñecida.

A película arranca en 1871 cando a Condesa de Espoz e Mina se achega ao final dos seus días. Vive preocupada por deixar en marcha o seu último proxecto: unha granxa – escola para campesiños. Cando está a redactar testamento e ante a curiosidade do seu avogado, inicia o relato da súa vida, desde que recibira o encargo de educar á futura Isabel II para convertela na primeira raíña constitucional.

Dirixido por Zaza Ceballos, o filme está protagonizado polas actrices Sonia Castelo e Luísa Merelas, que dan vida a Juana de Vega en dúas etapas da súa biografía. Tamén conta cos actores Fina Calleja, Iván Marcos, Lino Braxe, Adrián Castiñeiras, Casilda Alfaro, Carlos Olalla, Iria Parada, Luisa Martínez, María Tasende, Ana Sanmartín e Sergio Quintana. Ademais, esta rodada en espectaculares localizacións coma o Pazo de Mariñán, en Bergondo; o de Fernán Núñez, en Madrid; a Finca Alsina, o Pazo das Cadeas e Villa Isabel, en Oleiros, ou o Pazo de Río Frío, en Segovia.

 

 

MELLOR XUNTOS

“Mellor Xuntos”, o programa que retrata proxectos cooperativos galegos, contará hoxe desde Ponteareas a historia de tres mulleres emprendedoras. Lourdes, Mariló e Toñi iniciáronse hai anos no cultivo ecolóxico, pero foi recentemente cando decidiron comercializar xuntas a súa produción e ofrecer aos veciños produtos saudables.

O programa tamén incluirá outras reportaxes. Fernando Veiga é o xerente de Horsal, un proxecto situado no Salnés e presentaralle ao programa os seus xefes. Ten un cento deles porque cada socio da cooperativa exerce as dúas funcións: socio e propietario. En Compostela, os espectadores poderán coñecer a Esteban e a outros compañeiros e socias de Panxea, unha iniciativa de consumo responsable. Finalmente, no Riós, José Luis Vaz, falará de Biocoop, unha cooperativa de raza vianesa de vacún.

 

A REVISTA

 

A revista británica “The Drink Business» vén de situar a dúas enólogas galegas no top 10 da profesión en España. “A Revista” recibe no estudio hoxe a estas mulleres de destacado currículo no Día Internacional da Muller. Katia Álvarez e Paula Fandiño teñen postos de responsabilidade en importantes bodegas españolas. Falarán de como exercen unha profesión en que, tradicionalmente, o colectivo masculino é maioritario. Ademais, no programa estarán compoñentes de “Son”, produción coa que Nova Galega de Danza está a xirar por América Latina. Falarán desta experiencia no espazo matinal e mais dun traballo en que fusionan flamenco, danza tradicional e contemporánea, e que dirixen Jaime e Pablo Díaz e o coreógrafo Carlos Rodríguez. Tamén estará no programa Teresa Abalde, que comentará crónica social.

Os reporteiros de “A Revista” marcharán ao CEIP Sigüeiro para ver como celebran no centro o Día da Muller e tamén estarán nunha clase de defensa persoal para mulleres.

ZIGZAG DIARIO

O “ZIgZag Diario” conmemora o Día Internacional da Muller con propostas musicais nun programa temático dedicado a esta arte. O cultural da tvG2 emitirá unha reportaxe sobre o proxecto «8 mulleres, oito voces», que nace para celebrar esta data. A creatividade de oito recoñecidas voces femininas da música galega, Uxía, Pilocha, Alba María, Belem Tajes, Ugía Pedreira, Silvia Penide, Sonia Lebedinsky e Carmen Rey, únese no tema musical “Hemisferios” para celebrar a data.

Ademais, o programa recibirá no estudio a outra profesional da música, Maria Costa, batería da formación coruñesa Elvis Negro. E Moncho Lemos recuperará a voz de Dayna Kurtz, que volve a Galicia este marzo. Os espectadores poderán escoitar así mesmo á rapeira  Woyza, que estrea videoclip: «Cansada”.

 

HOMENAXE Á MULLER EN CONTRAPORTADA O SÁBADO

 

A programación especial do Día da Muller continuará o sábado no programa “Contraportada”, que emitirá un monográfico sobre mulleres pioneiras nas súas profesións. O espazo contará con Raquel Vázquez, primeira directora da planta de Alúmina-Aluminio de Alcoa en San Cibrao; Beatriz Sotelo, cociñeira e dona do restaurante con estrela Michelín A Estación, de Cambre; Milagros Piñeiro, socia de S.A.T. A Pementeira; a futbolista do París Saint Germain Vero Boquete, e María Teresa Miras, catedrática de Bioquímica e Biloxía Molecular da Universidade Complutense de Madrid e homenaxeada o pasado ano coa Medalla Castelao.

Data de emisión: Mércores, 01.03.2017
Cinema de Noite (23.45 h)

“Así é a vida”
(“Life as we know it”)

Director: Greg Berlanti
Elenco: Katherine Heighl, Josh Duhamel, Christina Hendricks, Josh Lucas, Jean Smarte, Melissa McCarthy, Faizon Love, Majandra Delfino
EUA, 2010, 105´, Comedia (T)

**SINOPSE**

Tras a morte en accidente dos seus mellores amigos, Holly Berenson e Eric Messer, os dous solteiros, terán que coidar da súa filla. Holly é a responsable dun servizo de catering e Eric traballa en televisión como xornalista deportivo. Aínda que non simpatizan en absoluto, cando a nena queda orfa, veranse obrigados a esquecer as súas diferenzas mentres vivan baixo o mesmo teito.

MINUTADO do 08/03/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o Faladoiro cos xornalistas Luis Pérez, Luis Villamar e María Méndez.

10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ «Crepes salgadas de verduras e xamón»

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05
O FARO Cap. 120

Serie. Despois de tanto sufrimento O Faro comeza a respirar. Erea con graves problemas legais, vai ter un oferta de defensa sorprendente. Lucía parece seguir fría cara a Ricardo, mentres que el se declara namorado. Que ocorrerá entre Víctor e Patri? Moitas das incógnitas se resolverán na festa de celebración do Faro.

12:00
MELLOR XUNTOS Cap. 16

Programa con vocación de servizo público dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas. A nosa viaxe de hoxe comeza no Salnés, onde Fernando Veiga, xerente de Horsal vainos presentar algúns dos xefes. Ten un cento deles, porque cada socio da cooperativa exerce as dúas funcións: socio e propietario. Despois acudiremos a Compostela para coñecer a Esteban e a outros compañeiros e socias de Panxea, unha iniciativa de consumo responsable. Pasaremos despois por Ponteareas con Lourdes, Mariló e Toñi mulleres que emprenderon hai anos o camiño do cultivo ecolóxico e decidiron agora poñerse xuntas para comercializar a súa produción e ofrecer aos veciños produtos saudables. E finalizaremos no Riós con José Luis Vaz, de «Biocoop» e moitas amigas de raza vianesa.

12:30
A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe «Adiantos Informativos» e «O Agro», presentados por Irene Lamas.

13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

15:50
FONTEALBA Cap. 118

Gonzalo, tras pedirlle para casarse a Nina, sabe que teñen que ocultalo pola posibilidade de que ocasionen máis tensións na familia. O inspector Queiruga tras quitarlle a información a Lola, sen que esta se dese conta, vai visitar a Luís… Luís non vai saber que facer con esta visita.

16:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:40
PADRE CASARES,LOUREDO RESPONDE Cap. 45

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.

18:00
PADRE CASARES Cap. 129: «Natividade»

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

19:05
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.

21:50
O TEMPO SERÁN

22:05
ERA VISTO! «Puskas adestrador. Kevin superhéroe. Bar Carmucha»

Inspirada en historias e personaxes do universo rural galego. Un pai de familia, Moncho; a súa muller, Elvira; o fillo adolescente, Kevin; o xefe despótico, Anselmo; e os amigos bardallas, Lino o carteiro e Puskas, o dono do bar.

22:30
CINE: FEITO EN GALICIA: «Juana de Vega, vizcondesa do Arado”

A Televisión de Galicia estrea. a película “Juana de Vega. Vizcondesa do Arado”, coincidindo co Día Internacional da Muller. A ficción reivindica a labor social desta coruñesa, figura clave do século XIX e pioneira na defensa da xustiza e a igualdade.

00:20
CINEMA DE NOITE: «Así é a vida»

(“Life as we know it”), de Greg Berlanti, con Katherine Heigl, Josh Duhamel, Christina Hendricks, Josh Lucas, Jean Smarte, Melissa McCarthy, Faizon Love, Majandra Delfino.
EUA, 2010, 106´, Comedia (T).
Tras a morte en accidente dos seus mellores amigos, Holly Berenson e Eric Messer, os dous solteiros, terán que coidar da súa filla. Holly é a responsable dun servizo de catering e Eric traballa en televisión como xornalista deportivo. Aínda que non simpatizan en absoluto, cando a nena queda orfa, veranse obrigados a esquecer as súas diferenzas mentres vivan baixo o mesmo teito.

02:10
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

02:20
FONTEALBA Cap. 118 (Rep.)

03:10
CINE: FEITO EN GALICIA «Juana de Vega, vizcondesa do Arado” (Rep.)

04:55
MAR DE FONDO MERCORES

5:00
NOITE DE JAZZ

05:20
A REVISTA (Rep.)

06:25
NOITE DE JAZZ

06:45
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

07:55
INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar