Lugo:Nenos de primaria coñecen o funcionamento da Policía local

Uns cincuenta nenos de terceiro de primaria do colexio lugués plurilingüe San José-FEC coñeceron este xoves o labor da Policía Local de Lugo. A Alcaldesa, Lara Méndez, acompañou aos pequenos na sesión, na que visitaron as instalacións de Sanfiz, facendo paradas na Sala de Control de Tráfico ou na Sala de Tiro, o que espertou gran interese nos escolares, xunto cos vehículos e a dotación de seguridade individual que portan os efectivos. Durante a visita estiveron acompañados de varios axentes e os seus profesores, e tiveron a oportunidade de probar os chalecos antibalas e de subirse ao furgón de atestados.

Para Lara Méndez, esta visita supón unha oportunidade para achegar o traballo da Policía aos rapaces e rapazas e para conciencialos de boas prácticas de educación vial.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar