Vigo:Abel caballero valora la inversión en la Zona Franca pero rexeita a da ETEA



No Pleno convocado no Consorcio da Zona Franca de Vigo para tratar o orzamento para 2017, o Concello abstívose ante as «luces e sombras» do documento que inclúe 4 millóns de euros para a Panificadora pero ao que lle falta, segundo o rexedor, concreción sobre o Centro de Transportes.

Abel Caballero explicou este mércores que o Concello de Vigo se abstivo na aprobación en Pleno do orzamento de Zona Franca para 2017 para a amosar a súa disconformidade co investimento de 5,5 millóns de euros nos terreos da ETEA que supoñen, ao seu entender, «un regalo para a Xunta de Galicia».

Así, cualificou de «bo» o presuposto de Zona Franca pese ás súas «luces e sombras», entendendo as luces polos investimentos «que son bos para a cidade e que aprobamos e apoiamos, de forma singular, para a Panificadora» e as sombras pola «falta de concreción do Centro de Transportes porque non sabemos onde queren facelo nin de que forma» e o mencionado investimento na ETEA que é o «nó gordiano» do documento porque, apunta, «o diñeiro de Zona Franca é para Vigo e non para a Xunta de Galicia».

Con todo, Caballero sinalou que os orzamentos melloran nalgunhas cuestións respecto aos presentados o ano pasado, singularmente no previsto para a rehabilitación da Panificadora que recibirá 4 millóns de euros, unha cuestión que «celebramos e un avance moi importante para a cidade» e que acompañan á dedicación do orzamento municipal para tramitar expropiacións e a adecuación da zona.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar