O Concello de Teo cede as demandas dos veciños apoiadas polo PP

 

O profundo malestar da veciñanza e dos organizadores do carnaval nas parroquias de Reis e Cacheiras sumada á presión política exercida polo grupo municipal popular, puxeron fin á pasividade do grupo de goberno de Teo, quedando finalmente atendida a demanda veciñal para obter autorización e proceder aos cortes de tráfico necesarios durante os desfiles do Entroido.

So desta forma pode asegurarse a mobilidade das comparsas polas estradas e o desenvolvemento da festa segundo as tradicións. Inicialmente, e por segundo ano consecutivo, denegouse este permiso ao contrario do que acontecera cos anteriores gobernos locais.

Trala preocupación lóxica da veciñanza pola prohibición do pasado ano, unha representación desta reuniuse o pasado mes de outubro coa Dirección Provincial de Tráfico, levando a cabo as tramitacións necesarias. Pola súa banda, tal e como ven demostrando o goberno bipartito dende o inicio da lexislatura con notorios casos, este reacciou soamente cando sentiu a crecente presión política e veciñal.

Para José Manuel Guerra choca o contraste entre a falla de apoio do goberno local ás expresións culturais máis populares e arraigadas, como sucede agora co Entroido ou anteriormente coa banda de música ou a feira de Francos, mentres se concentra todo o apoio no grupo Chévere, nunha concepción interesada e partidista da cultura.

Esa forma partidista de exercer o goberno leva ao bipartito a utilizar as canles oficiais do Concello, como son as redes sociais, para verter opinións sobre o labor da oposición, cando o seu uso debería ser estrictamente institucional.


© 2011 Galega de Comunicación e Información, S.L.U. - Aviso legal - Contacto