O Concello de Ourense rehabilitará o Museo Arquelóxico

A Xunta de Goberno Local aprobou na última reunión un total de 33 asuntos, dos que un é de gran interese para o desenvolvemento dunha infraestrutura cultural clave na nosa cidade: o Museo Arqueolóxico. Así, aprobouse pola vía de urxencia a aprobación inicial da modificación puntual do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) do Casco Histórico para permitir a execución do proxecto de rehabilitación do Museo Arqueolóxico de Ourense.

“Estamos ante un paso máis para poder executar este importante proxecto, xa que co planeamento existe non se podería realizar, de aí a importancia desta modificación puntual. Básicamente, ten por obxecto incorporar á ficha do PEPRI referida ao propio Museo os parámetros para a intervención programada, así como as previsións para poder seguir mantendo o seu funcionamento coma museo, o que motivou tamén a súa propia declaración en 1962.

Isto consta co visto bo de Patrimonio e agora someterase a información pública e solicitude de informes técnicos. Como lles comentaba, estamos ante un paso fundamental para proseguir na posta en valor dun dos nosos símbolos patrimoniais, culturais e museísticos que, sen dúbida, revalorizará aínda máis se cabe o conxunto do Casco Histórico e da propia cidade”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar