Detido en Ourense por incumplir a orde de afastamento da sua parella

Axentes da Policía Autonómica de Ourense informaron hoxe da detención dun home por incumprimento da orde de afastamento que tiña decretada sobre a súa exparella.

Axentes do grupo Viogen, de Protección de Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero da Policía Autonómica de Ourense, procederon a detención dun varón por quebrantar as medidas de protección fixadas xudicialmente para a súa exparella da que tiña asignada unha orde de afastamento.

Os axentes detectaron que se podería estar incumprindo a resolución ditada, polo que estableceron un dispositivo de vixilancia que resultou na detención deste varón, sendo detido e trasladado ás dependencias da Policía Nacional, onde se tramitaron as correspondentes dilixencias, que foron remitidas ao Xulgado de instrución nº 3 de Ourense.

Actualmente a Policía Autonómica ten asignada a protección dun total de 151 vítimas de Violencia de Xénero.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar