Unha película sobre os avós terá como escenario a Ribeira Sacra

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu  no Pazo Provincial aos alcaldes da Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada do Sil, e a Rubén Riós, con quen analizou o proxecto da que será a primeira longametraxe como director do actor e produtor ourensán e que terá ao territorio da Ribeira Sacra como protagonista do filme.

O presidente do goberno provincial afirmou que a Deputación de Ourense e os concellos de Parada do Sil, A Teixeira e Nogueira de Ramuín colaborarán con este proxecto, un filme que se configura como unha homenaxe aos avós, “titulares dun patrimonio emocional que as actuais xeracións debemos reivindicar”.

Os tres municipios da Ribeira Sacra acollerán a rodaxe da película, que tamén se desenvolverá noutras zonas de España é mesmo en Portugal, contribuíndo a darlle un perfil internacional a produción. O filme contará coa participación de actores e actrices de primeiro nivel e chegara ás sala de cinema en 2019. “Será unha magnífica oportunidade para poñer en valor a riqueza paisaxística e monumental da Ribeira Sacra e o tesouro vivencial das lembranzas e actitudes dos nosos maiores”, expresou Manuel Baltar.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar