“Land Rober Tunai Show”, esta noite, na TVG

Hoxe o “Land Rober Tunai Show” recibe a Carmen Lomana. A empresaria e colaboradora de televisión xa visitou o programa en dúas ocasións nas que tivo que plantar patacas, apañalas e conducir un tractor. Neste novo programa terá que enfrontarse de novo a Roberto Vilar e aos seus colaboradores.
Lucia Pérez, a última galega que representou a España en Eurovisión, tamén visitará o programa. A cantante fará de instrutora nun dos sketches do programa e porá a proba a súa pericia no “Quén ves sendo?”, onde intentará non perde para evitar un posible castigo.
Ademais, no “Land Rober Tunai Show” estarán moi atentos ás últimas novidades da voda da colaboradora Eva Iglesias que, coma todas as semanas, e xunto a Xosé A. Turiñán, acompañarán a Roberto Vilar na volta da sección “Primeiras citas” e no resto de seccións habituais.

A REVISTA
O programa “A Revista” fará hoxe un percorrido polo entroido galego. Os reporteiros do magazine da Televisión de Galicia visitarán en Santiago de Compostela unha tenda de disfraces para ver cales son as tendencias ou os traxes que mais se verán este ano polas rúas. Tamén se desprazarán ata Monforte de Lemos para participar do xoves de comadres da parroquia de Santo André de Distriz, onde este ano se colocarán 14 bonecas para escenificar o tema “Lavando no río”.

Xa no estudio, a presentadora do espazo, Laura Peña, conversará con Ángel María Cortegoso e Sara Gómez, galán e madama do tradicional “Antroido Dos Cobres”, en Vilaboa do Morrazo. Desde o século XVIII, os veciños desta parroquia celebran deste xeito o Carnava. Ataviados con vistosos traxes, desde pola mañá e ata que se pon o sol, o martes e sábado de Entroido estes personaxes recorren parroquias e visitan casas acompañados dunha charanga para levar a alegría de porta en porta e recoller, a cambio, un donativo.

Tamén acompañará a Laura Peña o colaborador habitual do programa, Moncho Lemos, experto en cine, para falar das últimas estreas.

tvG2
ZIGZAG DIARIO
A tres días para a celebración dos Oscar, “Zigzag Diario” pulsará as sensacións coas que espera a gran cita da industria cinematográfica o cineasta Juanjo Giménez, candidato a recibir a estatuíña á mellor curtametraxe de ficción por “Timecode”. A producción, que conta a particular historia de amor entre dous gardas de seguridade que basean a súa relación nun intercambio de notas nos cambios de quenda, xa logrou a Palma de Ouro en Cannes e o Goya.

O programa tamén repasará as novidades en torno ao Festival Internacional de Documentais Play Doc que se desenvolverá do 22 ao 26 de marzo en Tui. Os organizadores traballan na selección dos filmes que se proxectarán na sección oficial do evento entre os máis de 700 que recibiron.

Ademais, o espazo cultural da Televisión de Galicia propón aos espectadores unha visita á exposición “Alén dos Xéneros” que pode verse no Museo de Arte Contemporánea de Vigo ata xuño. A comisaria da mostra, Ánxela Caramés, visitará o estudio para comentar os detalles da exposición que reúne unha selección de obras que abordan as cuestións de xénero. O programa prestará especial atención ás creacións audiovisuais que forman parte desta mostra colectiva en que participan 50 autores.
MINUTADO do 23/02/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo Faladoiro cos xornalistas José Luis Jiménez, María Val e Carla Reyes.
10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ : “Muselina de pescada en salsa de follado”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.
11:05
O FARO Cap. 111

Serie. Lucía está de volta, pero O Faro aínda non vai poder descansar tranquilo porque Rosa quere vinganza a toda costa. Carolina ten un plan para desenmascarar á malvada Muñoz. Santiago comeza a descubrir todo o que lle fixeron.
12:00
SOPA DE FESTA : “Tempo de lamprea”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. A Televisión de Galicia emite hoxe unha nova entrega de “Sopa de Festa”, o programa gastronómico estará dedicado esta semana á lamprea. Para coñecer un pouco máis da súa pesca, o equipo falará con Fernando Ferreira, un pescador que explicará como se captura, unha arte tradicional que evita que o peixe perda o sangue e deste xeito non perda sustancia.
12:35
A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, conducidos por Irene Lamas.
13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.
13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.
14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.
15:35
O TEMPO

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo
15:50
FONTEALBA Cap. 109

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. A gravación de Gonzalo só serve para distancialo máis de Nina, Luís e Amalia pola súa contra reconcílianse e volven durmir xuntos. Mati tenta que os seus pais retomen a relación que deixaron fai dezasete anos boicoteando as citas de Lourdes. A Roberto non parece molestarlle a idea.
16:35
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
17:35
PADRE CASARES, LOUREDO RESPONDE Cap. 36

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.
17:55
PADRE CASARES Cap. 120: “E no principio foron os porcos”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.
19:00
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.
20:25
INFORMACIONS ESTADO DO MAR
20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.
21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.
21:50
O TEMPO
22:00
LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS
22:10
LAND ROBER TUNAI SHOW Cap. 78

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Esta noite, visitan o programa a empresaria e colaboradora de televisión Carmen Lomana e a cantante Lucía Pérez.
00:35
HINTERLAND Cap. 6

Serie de policías.
01:35
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.
01:45
FONTEALBA Cap. 109 (Rep.)
02:30
TI VERÁS (Rep.)
03:25
MELLOR XUNTOS Cap. 14

Programa con vocación de servizo público dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas.
03:50
REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” Cap. 726: “Fans Obradoiro”
04:00
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.
04:30
A REVISTA (Rep.)
05:35
NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.
06:40
ÁREA PÚBLICA (Rep.)

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.
07:55
INFORMACION ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar