Villares e Verao denuncian unha situación de abandono na contorna de Lugo

O voceiro do grupo parlamentario En Marea Luís Villares e maila deputada Paula Verao observaron o que consideran abanono das diferentes administracións coa cidade de Lugo e a súa contorna, tralo percorrido que fixeron polo Lagos de Teixeiro e pola cidade histórica acompañados polos concelleiros e concelleiras de Lugonovo Santiago Fernández Rocha, Cristina Pérez Herráiz e Iñaki García Gómez.

O roteiro comezou pola área natural dos Lagos de Teixeiro “onde constatamos o deterioro deste enclave que foi ata hai relativamente pouco tempo o lugar de esparcemento e recreo para a propia cidade Lugo”. Para Luís Villares é incomprensible este estado de abandono de tendo en conta que “aínda está en vigor un convenio entre a comunidade de montes e a administración pública polo cal se debería garantir a conservación da área natural”.

Posteriormente Luís Villares e Paula Verao mantiveron un encontro con Lugo Monumental, colectivo co que coordinaron as iniciativas que trasladarán ó Parlamento de Galicia coa vontade de reivindicar un plan urxente de rehabilitación e dinamización do casco histórico da cidade.

A visita do voceiro parlamentario a Lugo remata coa súa participación na asemblea de Lugonovo, para coñecer de primeira man as súas principais demandas para a cidade.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar