TVG: Os queixos galegos dan sabor hoxe ao menú de “Larpeiros”

Esta noite, “Larpeiros” enxalza un dos produtos máis recoñecidos da gastronomía galega, o queixo. Ao longo do programa, os espectadores coñecerán algunhas das variedades deste derivado lácteo que se elaboran en Galicia e as súas aplicacións na cociña. A maioría dos queixos galegos funden moi ben, polo que resultan un ingrediente ideal para elaborar salsas, como demostrará don Benigno coa súa receita de canelóns de polo e espinacas, cunha bechamel feita con queixo galego.

Pola súa banda, Adrián marchará ata Vilalba para coñecer de primeira man como se elabora o afamado queixo de San Simón da Costa, que logo empregará para facer unha saborosa ensalada de inverno. O prato doce correrá a cargo de Merche e Leni, que prepararán unha torta de queixo e mazá.

 

CÓS PÉS NA TERRA

Hoxe en “Cos pés na terra” os espectadores da Televisión de Galicia coñecerán tres persoas que elixiron o rural para desenvolver os seus proxectos de vida. Un dos protagonistas do programa é Xosé, un gandeiro que innova para facer máis doado un traballo que fai a diario na súa gandería: muxir as vacas. A súa historia entrelazase coa de Bárbara, unha labrega que optou pola produción ecolóxica na súa horta e que atopou nos maiores da súa contorna os mellores conselleiros para sacar adiante as colleitas. Ademais, as cámaras do programa acompañan nas súas tarefas cotiás a un veciño de Carballo, que compartirá cos espectadores unha vida de comuneiro chea de aventuras.

O SAL DA TERRA

 

Nunha nova entrega de “O sal da terra”, Carmela decide preparar unha cea na casa para comprobar se a súa nova nora é quen de levarse co seu fillo ou non. Cociñará ensalada de lombos de xurelo fritos con pementos e queixo de tetilla. Pola súa banda, Berto non será menos e elaborará un escabeche de cogomelos e mexillóns, mentres que José Manuel lle ensinará á muller a facer o prato estrela do restaurante Casa Isolina.

 

 


Pero no programa de hoxe non todo será gastronomía. Carmela amosaralles tamén aos espectadores que hai que facer para ter unha cute perfecta cunha exfoliación con area e Berto visitará a fervenza de Cadarnoxo e coñecerá o mar con Miguel, o patrón maior da confraría de pescadores.

 

A REVISTA

O programa “A Revista” conta hoxe no estudio con Alberto Ruano Raviña, profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública na Universidade de Santiago e membro do Laboratorio de Radon de Galicia. Falará coa presentadora do espazo, Laura Peña, sobre o cambio de normativa europea que afecta as medidas de seguridade que se empregan en interiores para previr unha exposición nociva ao gas canceríxeno radon. Non é tan coñecido como o tabaco como factor de risco para desenvolver cancro de pulmón, pero este elemento é responsable dun número relevante de casos da enfermidade.
Ademais, acompañarán a Laura Peña un Xeral, un demo e un correo, personaxes con vistosos disfraces que recrean figuras históricas no Entroido dos Xenerais da Ulla, o espectáculo máis destacado das populares celebracións na comarca.
Por outra parte, o espazo “A Revista” mergullarase na piscina Municipal de Carballo. Alí estará con Javier Muñiz, un mozo de 23 anos que padece unha estraña enfermidade denominada síndrome 4H. Leva dende os 3 anos practicando natación e competindo, conseguindo numerosas medallas. Os reporteiros do programa falarán con el para coñecer como é o seu día a día dentro e fóra da piscina. Para celebrar o Día Internacional do Guía de Turismo, o magazine percorrerá as principais rúas de Santiago en compañía dunha guía, que amosará a un grupo de excursionistas os principais recunchos composteláns.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

O coruñés Alberto Vázquez fixo dobrete na pasada edición dos Goya. O seu filme “Pisoconautas. Los niños olvidados”, que chega este 24 de febreiro ás salas de cine, levou a estatuíña que recoñece a mellor película de animación. “Decorado”, pola súa banda, fíxose coa que distingue a mellor curta. O director visita hoxe o “ZigZag Diario” para falar deste éxito e dos filmes que llo valeron.

“Pisconautas” é unha cinta que ten pasado por corenta festivais internacionais, onde recolleu máis dunha ducia de premios. Narra a loita de dous personaxes, Birdboy e Dinki por escapar do ambiente asfixiante da illa en que viven. “Decorado” é unha fábula existencialista que traslada ao espectador a deterioración dunha relación e as súas consecuencias.

Nun segundo bloque dedicado á arte, as cámaras do programa achegaranse na Coruña á pintura de Xabier Correa Corredoira, primeiro, visitando o espazo cultural Monty4 e, logo, achegándose á Fundación Luís Seoane, onde se exhibe “Correa Corredoira. Nas distancias curtas”, unha selección de obras en pequeno formato, que recolle pezas que van desde principios da década dos 80 ata o 2016 e que amosan a versatilidade do autor a través de distintos formatos.

O cultural da tvG2 tamén emitirá unha reportaxe sobre a participación galega na presente edición da feira de arte contemporánea ARCOmadrid, que arrancará o mércores.

Data de emisión: Martes, 21.02.2017
Cinema de Noite (00.15 h)

“42”
(“42”)
Director: Brian Helgeland
Elenco: Chadwick Boseman, Harrison Ford, Nicole Beharie, Christopher Meloni, Alan Tudyk, Lucas Black, John C. McGinley, Ryan Merriman, Jud Tylor, T.R. Knight, Brett Cullen, Hamish Linklater, Toby Huss, Brad Beyer, Rhoda Griffis, Mark Harelik
EUA, 2013, 118’, Drama (+7)

**SINOPSE**

Historia da vida do afroamericano Jackie Robinson (Chadwick Boseman), lendario xogador de béisbol que rachou coas barreiras raciais, tras asinar cos “Dodgers” de Brooklyn baixo a dirección do executivo Branch Rickey (Harrison Ford). A participación de Robinson na gran liga de béisbol supuxo o fin dunha era de segregación racial neste deporte. Robinson tivo que soportar toda clase de humillacións, pero o seu talento e actitude convertérono nun heroe. Cos “Dodgers” conseguiu 6 campionatos en 10 anos, ademais dunha serie mundial. Participou no All Star en 6 ocasións e converteuse no segundo home máis popular do país tras Bing Crosby. Os logros acadados por este xogador lendario fixeron que todos os equipos da Major League retiraran o número 42 dos seus uniformes, en recoñecemento ao seu talento, dedicación e loita polos dereitos humanos. Anos despois pasou a formar parte do Salón da Fama de Béisbol.

MINUTADO do 21/02/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro”, hoxe cos economistas Luis Caramés e Maite Cancelo Márquez.
10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ “Costelar de porco glaseado con espárragos verdes”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.
11:05
O FARO Cap. 109

Serie.
Santiago quere falalo todo con valentía con Ricardo, fará el o mesmo, ou fuxirá unha vez máis? Como reaccionará cando saiba que a súa nai, Carme, está viva? Todos comezan a fartarse do seu xeito de actuar. Pero Santiago tamén terá que darlle moitas explicacións a Carme, a súa muller, e a Lidia, a súa filla.
12:00
SEN BARREIRAS

Programa de servizo público.
No programa de hoxe, a Asociación ANPEHI polo Camiño de Santiago ábrelle as súas portas ao equipo de “Sen Barreiras” para amosar como as barreiras non existen cando se colabora respectando as diferenzas de todos e cada un. Ademais, os reporteiros do programa coñecerán Trameve, onde se traballa pola integración laboral e social e conversarán cun xogador de tenis de mesa que chegou a participar nas paraolimpíadas do 92. Por último, o programa contará a historia dunha moza apaixonada polos idiomas e polo manga cunha particularidade, como ela o chama, o asperger.
12:40
A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.
13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.
13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez.

14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35
O TEMPO

15:45
FONTEALBA Cap. 107

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro.
Luís decide abandonar o dormitorio de matrimonio, ferido polo engano de Amalia, o que a obrigará a pedirlle perdón e remover o pasado. Conforme Roberto e mais Aurora se distancian, el apégase cada vez máis a Lourdes. O apoio que a súa antiga moza lle brinda é de moita importancia para o avogado. Nina e Gonzalo ven que a súa relación pende dun fío.
16:35
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
17:40
LOUREDO RESPONDE Cap. 34

Os protagonistas da serie dan os seus puntos de vista sobre as tramas máis importantes que se están a desenvolver na serie.
18:00
PADRE CASARES Cap. 118: “Pobres de espírito”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.
19:10
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.
20:25
INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR
20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.
21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.
21:50
O TEMPO
22:00
LARPEIROS “Club de fans do queixo”

Combina gastronomía con humor e conversa.
Esta noite, “Larpeiros” enxalza un dos produtos máis recoñecidos da gastronomía
galega, o queixo. Ao longo do programa, os espectadores coñecerán algunhas das variedades deste derivado lácteo que se elaboran en Galicia e don Benigno preparará canelóns de polo e espinacas cunha bechamel feita con queixo galego.
22:35
COS PÉS NA TERRA

Programa onde se amosa a vida cotiá das xentes que viven por e para o campo. O día a día das persoas que viven no rural e aman o seu modo de vida.
Os protagonistas desta noite son Xosé, un gandeiro que innova para facer máis
doado o seu traballo diario; Bárbara, unha labrega que optou pola produción ecolóxica na súa horta, e un veciño de Carballo que compartirá cos espectadores unha vida de comuneiro chea de aventuras.
23:35
O SAL DA TERRA “Esa cousa chamada amor”

Serie culinaria.
Nunha nova entrega de “O sal da terra”, Carmela decide preparar unha cea na casa
para comprobar se a súa nova nora é quen de levarse co seu fillo ou non. A nai de Berto cociñará ensalada de lombos de xurelo fritos con pementos e queixo de tetilla.
00:25
CINEMA DE NOITE: “42”

(“42”), de Brian Helgeland, con Chadwick Boseman, Harrison Ford, Nicole Beharie, Christopher Meloni, Alan Tudyk, Lucas Black, John C.McGinley, Ryan Merriman.
EUA, 2013, drama, 128´
Historia da vida do afroamericano Jackie Robinson (Chadwick Boseman), lendario xogador de béisbol que rachou coas barreiras raciais, tras asinar cos “Dodgers” de Brooklyn baixo a dirección do executivo Branch Rickey (Harrison Ford). A participación de Robinson na gran liga de béisbol supuxo o fin dunha era de segregación racial neste deporte. Robinson tivo que soportar toda clase de humillacións, pero o seu talento e actitude convertérono nun heroe. Cos “Dodgers” conseguiu 6 campionatos en 10 anos, ademais dunha serie mundial. Participou no All Star en 6 ocasións e converteuse no segundo home máis popular do país tras Bing Crosby. Os logros acadados por este xogador lendario fixeron que todos os equipos da Major League retiraran o número 42 dos seus uniformes, en recoñecemento ao seu talento, dedicación e loita polos dereitos humanos. Anos despois pasou a formar parte do Salón da Fama de Béisbol.
02:25
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.
02:35
FONTEALBA (Rep.)
03:25
LARPEIROS “Club de fans do queixo” (Rep.)
04:00
NACER DE NOVO

Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
04:15
NOITE DE JAZZ
04:45
A REVISTA (Rep.)
05:45
NOITE DE JAZZ
06:45
ÁREA PÚBLICA (Rep.)
07:55
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar