Avanza el Centro Terapeútico y Ocupacional de Ourense

A Delegación da Xunta en Ourense acolleu  unha reunión técnica para analizar a localización do futuro Centro de Atención Terapéutica ás Persoas con Discapacidade de Ourense (CAPD). Neste encontro de traballo participaron o alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Urbanismo, José Cudeiro, en representación do Concello. En representación da Deputación asistiu o seu vicepresidente primeiro, Rosendo Fernández. Por parte da Xunta de Galicia, ademáis do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e da delegada territorial, Marisol Díaz, tamén estivo presente a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, así como o subdirector xeral de Proxectos e Accesibilidade, Guillermo Ramón Evia Pérez.

O obxecto desta reunión foi o de analizar as posibles alternativas que existen para localizar o devandito centro e dar así cumprimento á demanda dos pais e nais afectados e á decisión plenaria do Concello de Ourense, toda vez que o proxecto de adaptar a antiga Escola Fogar de Mariñamansa para albergar este equipamento foi finalmente desestimada.

 

En concreto, o Concello propuxo tres alternativas, das que finalmente foi elixida unha, xa que permitirá plena disponibilidade tralo Pleno do Concello de Ourense do mes de marzo. O alcalde, Jesús Vázquez, comprometeuse a levar esta modificación de uso para a súa aprobación plenaria, co fin de dar cumprimento ás demandas dos pais e nais, ademáis de duplicar o espazo previsto inicialmente (4.600 metros cadrados).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar