TVG: Gonzalo achará consolo en Zaida no episodio de hoxe de “O final do camiño”

Tras os sucesos que, en anteriores capítulos de “O final do Camiño”, lle aconteceron á familia de Gonzalo, a vida del perde todo o seu sentido e busca consolación nos brazos de Zaida. A ameaza dos Conxurados de San Juan segue infundindo temor na Corte, e máis agora que saben que o líder e traidor é unha persoa próxima a eles. A única opción de que o Rei saia con vida pasa por fiarse dun desatinado plan de Gonzalo e Animal co que pretenden descabezar a conxura. Pola súa banda, Constanza está enferma, e a persoa que máis sofre por ela non é o seu marido nin a súa filla, senón un soldado convertido en mercenario que a amou unha vez e que a continúa amando agora.

Nos arredores de Compostela, Satanás, un sanguinario bandido, rouba, mutila e asasina todo aquel peregrino que se cruza no seu camiño. Un destes viaxeiros é o Cardeal Ricardo, que chega a Compostela ao límite das súas forzas. Xelmírez, xunto a varios soldados, enfróntase con este bandido sen saber que el xa os está esperando.

Estevo, pola súa banda, comeza a construír a que será a súa gran obra, a fachada das Praterías, á vez que comeza a sentir unha atracción especial por Marco, un dos seus aprendices. Por outro lado, a saúde de Tomás e a súa perda de posición no mercado provoca que os comerciantes intenten librarse del.

MELLOR XUNTOS

Na entrega deste martes de “Mellor xuntos”, o programa que fala das iniciativas de cooperativismo en Galicia, o equipo do programa coñecerá a Lourdes Gabarra e ás súas compañeiras de Mulleres Colleiteiras, unha iniciativa que traballa para mellorar tanto o ambiente natural evitando verteduras, como o ambiente social evitando discriminacións. Ademais, estarán con Ignacio Montes e integrantes da cooperativa Tu autoescuela, unha idea que nace na cidade de Lugo para ensinar a conducir polas rúas con seguridade. O percorrido de “Mellor xuntos” rematará cunha visita a Xiana Iglesias, cun proxecto chamado Maos, cuxa finalidade é a recollida de patrimonio e cultura.

A REVISTA

Os reporteiros do programa achegaranse ata Pontevedra, onde se celebra Edugal, o salón da oferta de educación e formación de Galicia. Neste evento, tanto os alumnos como as súas familias teñen a posibilidade de acceder a unha orientación educativa para analizar as posibles opcións formativas que están dispoñibles nos distintos centros de ensinanza da comunidade. Ademais, o programa “A Revista” estará en directo en Santiago coa asociación Down Compostela, onde coñecerá a iniciativa “Só lles falta falar”. A organización desenvolve este proxecto que consiste na utilización de cans para tratamentos terapéuticos. A presentadora Laura Peña entrevistará a avogada Ana Camiño, sobre os procedementos que deben seguir os afectados polas cláusulas de chan.

tvG2

CICLO ESCRITORES ILUSTRES: CONCEPCIÓN ARENAL

A tvG2 continúa co ciclo sobre autores galegos nunha noite dedicada a Concepción Arenal. A canle emitirá un documental que profundará na vida dunha muller avanzada ao seu tempo e que foi realizado a partir da longametraxe “Concepción arenal, visitadora de cárceres”, que se emitirá posteriormente. Esta é unha película baseada na biografía dunha das mulleres máis sobresaíntes do século XIX, precursora na loita contra a inxustiza e as desigualdades sociais.

No século XIX, as execucións eran un espectáculo público e os presidiarios carecían de todo dereito. Concepción Arenal é nomeada visitadora de cárceres na prisión de A Coruña, e a súa loita a favor dos dereitos humanos logrou cambiar a perspectiva da sociedade sobre os máis desfavorecidos e mellorar as súas duras condicións de vida. Esta feito marcou a personalidade de Concepción, convertendo na súa meta vital a loita contra a inxustiza, denunciando a marxinación da muller, a escravitude, a situación dos presos e a dos máis desfavorecidos da sociedade.

ZIGZAG DIARIO

Este mércores, o “ZigZag Diario” dedica o seu espazo á música. Cunha reportaxe na que o grupo fol Talabarte, formado polo contrabaixista Kin García, o violinista Quim Farinha e o acordeonista Pedro Pascual, presentan o seu libro disco, “Fake”, ilustrado por Pedro Giráldez “o Pastor” e con textos do escritor e xornalista galego, Carlos Meixide. O programa mergullase no Festival Candeloria, o festival lucense presenta a súa cuarta edición, en que actuarán grupos como Talco, Ruxe Ruxe, Gatillazo e Rebeliom do inframundo. Ademais, ZigZag terá un espazo para escoitar novos lanzamentos. O sinxelo de García MC, compoñente do colectivo de hip hop Dios Ke Te Crew, chamado “Cleptocracia”, e o novo disco de Joaquín Sabina, “Lo niego todo”.

Data de emisión: Mércores, 15.02.2017

Cinema de Noite (00.00 h)

DANO COLATERAL”

(“Collateral Damage”)

Director: Andrew Davis

Reparto: Arnold Schwarzenegger, Elías Koteas, Francesca Neri, Cliff Curtis, John Leguizamo, John Turturro

EAU, 2001, 99´, Acción (18)

**SINOPSE**

Gordon Brewer é un bombeiro dos Anxeles, valente e disposto a xogarse a vida polos seus concidadáns. Ten unha familia perfecta, unha muller, un fillo e todo lle sorrí, ata que un atentado no Consulado de Colombia mata a súa muller e o seu fillo. Gordon é o único que ve o rostro do asasino, “O Lobo”, o terrorista culpable, a quen perseguirá ata Colombia. Mentres, a CIA, co seu axente Brandt, decide utilizar o bombeiro como unha arma na guerra das drogas.

MINUTADO do 15/02/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro” cos xornalistas Luis Pérez, Luis Villamor e María Méndez.

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ : “Linguada á holandesa”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 105

Serie. Ánxela e Carme comezan a atar cabos tras decatarse que as dúas coñecen a Miguel, e a este preocúpalle que Rosa descubra o paradoiro de Carme. Lucía queda soa no cárcere porque Carolina marcha e vai ao Faro cun plan na cabeza. A Lidia ocórreselle unha idea sorprendente para afastar a Diego, o bebé, dos ataques de Rosa.

11:55

MELLOR XUNTOS

Programa con vocación de servizo público dedicado a dar a coñecer as historias de distintas cooperativas galegas. Na entrega deste martes de “Mellor xuntos”, o equipo do programa coñecerá a Lourdes Gabarra e ás súas compañeiras de Mulleres colleiteiras, unha iniciativa que traballa para mellorar tanto o ambiente natural evitando verteduras, como o ambiente social evitando discriminacións.

12:30

A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO MEDIODÍA

Información meteorolóxica e prognóstico do tempo

15:45

FONTEALBA Cap. 103

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. O divorcio de Roberto e Aurora vai cara adiante, aínda que ela non está moi convencida, A volta de Luís trastorna a Marisa, quen ve pendurar dun fío o seu posto en Hortodouro. Luís, con todo, ten outras cousas das que preocuparse, como ocultar a cicatriz da operación para que ninguén sospeite, Gonzalo e Nina prepáranse para anunciarse como parella en sociedade, aínda que parece un duro trámite.

16:35

PADRE CASARES Cap. 114: “O que Deus une”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

17:45

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:50

REPORTAXES ACTUALIZADOS “Vida activa”

18:55

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.

21:50

REPORTAXES ACTUALIZADOS “Colgados do ceo”

22:00

O TEMPO

22:10

REPORTAXES ACTUALIZADOS “Perriturismo na Ribeira Sacra”-“Paisaxe para toda a vida”

22:40

AVANCE SERIES O FINAL DO CAMIÑO

22:45

O FINAL DO CAMIÑO Cap. 6

Serie. Tras os sucesos que lle aconteceron á familia de Gonzalo anteriormente en “O final do camiño”, a vida del perde todo o seu sentido. Afundido pola tristeza e a impotencia, a busca de consolación traeralle máis problemas que acougo. A ameaza dos Conxurados de San Juan segue infundindo temor na Corte, e máis agora que saben que o líder e traidor é unha persoa próxima a eles. A única opción de que o Rei saia con vida pasa por fiarse dun desatinado plan de Gonzalo e Animal co que pretenden descabezar a conxura. Pola súa banda, Constanza está enferma, e a persoa que máis sofre por ela non é o seu marido nin a súa filla, senón un soldado convertido en mercenario que a amou unha vez e que a continúa amando agora

00:00

CINEMA DE NOITE : “Dano Colateral”

(“Collateral Damage”), de Andrew Davis, con Arnold Schwarzenegger, Elías Koteas, Francesca Neri, Cliff Curtis, John Leguizamo, John Turturro. EUA, 2001, 99´, acción (18)
Gordon Brewer é un bombeiro dos Ánxeles, valente e disposto a xogar a vida polos seus concidadáns. Ten unha familia perfecta, unha muller, un fillo e todo lle sorrí, ata que un atentado no Consulado de Colombia mata a súa muller e o seu fillo. Gordon é o único que ve o rostro do asasino, o Lobo, o terrorista culpable, a quen perseguirá ata Colombia. Mentres, a CIA, co seu axente Brandt, decide utilizar o bombeiro como unha arma na guerra das drogas.

01:50

TELEXORNAL NOITE

02:00

FONTEALBA (Rep.)

02:50

O FINAL DO CAMIÑO Cap. 6 (Rep.)

04:05

NOITE DE JAZZ

04:35

SONS NA NOITE

04:55

A REVISTA (Rep.)

06:05

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

06:35

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

 14

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar