Avanza o proxecto da estación intermodal de Santiago

O Concello de Santiago “positiva” a reunión da comisión de seguimento da estación intermodal, celebrada en Madrid. Segundo Martiño Noriega, a xuntanza serviu para constatar o interese das tres administracións implicadas en executar o convenio asinado en xuño do ano pasado”.

O alcalde comostelán explicou que a Xunta, a través da Consellería de Infraestruturas, comprometeuse a dar dous importantes pasos a finais de ano en relación á intermodal: a licitación da nova estación de autobuses e a licitación da nova rúa en altura que conectará o Hórreo co barrio de Pontepedriña. Como novidade importante, esta rúa elevada estará cuberta xa dende a primeira fase da infraestrutura, e non a partir da segunda fase como se prevía inicialmente no acordo subscrito o ano pasado.

Despois da reunión, continuará o traballo das comisións técnicas nas que participan o Concello, a Xunta e o Ministerio de Fomento, co obxectivo de avanzar canto antes nalgunhas cuestións relacionadas coa intermodal, como a sinatura da addenda ao convenio para recoller o reparto dos custos da primeira fase da infraestrutura.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar