A Xunta, a disposición das familias dos mariñeiros do “Senefand I”

A Xunta quere amosar o seu apoio ás familias dos mariñeiros do barco pesqueiro da firma viguesa Profand que o venres se afundiu en augas de Senegal. A conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo en contacto permanente coa empresa e co secretario general de Pesca, Alberto López Asenjo, desde que tivo coñecemento do suceso para preocuparse polo ocorrido e poder ofrecer a axuda da administración Autonómica.

Rosa Quintana, quen falou directamente co director xeral de Profand, Enrique García, púxose a disposición para axudar en todo canto sexa posible desde a Xunta. Tamén mantivo contacto directo con familiares do mariñeiro de Marín desaparecido no suceso e está en vías de comunicación cos do compañeiro de Moaña rescatado para trasladarlles a posibilidade de recibir axuda psicolóxica aos parentes máis próximos a través dos servizos de apoio da Xunta especializados nesta materia.

A responseble de pesca en Galicia continua en contacto seguindo de preto o desenvolvemento das tarefas de rescate que a empresa está a realizar en Senegal para intentar localizar aos tres mariñeiros -un deles galego- que continúan desaparecidos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

SAÚDOS, GABINETE DE COMUNICACIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar