TVG: O “Land Rober Tunai Show” recibe no plató á presentadora Berta Collado

Hoxe o “Land Rober Tunai Show” recibe no estudio de gravación a Berta Collado. A que fora reporteira do mítico “Sé lo que hicisteis” está de xira por España co espectáculo teatral “The Hole”, que compaxina co seu traballo en radio e televisión. Terá que enfrontarse a Roberto Vilar e aos seus colaboradores na entrega desta semana.
Ademais, o programa contará con Josito Porto, actor de televisión e teatro, recordado con agarimo polo seu papel de quiosqueiro nunha serie mítica da Televisión de Galicia: “Pratos Combinados”. Ana Celia Vázquez, unha das mozas do tempo desta casa, terá que poñer a proba a intuición do actor na sección de “Quén vés sendo?”.
Os sketchs máis divertidos e o esperado “Paso de ti” completan o programa deste xoves. Todo isto, coma todas as semanas, será na compañía dos habituais Xosé A. Touriñán e Eva Iglesias que acompañarán a Roberto Vilar no “Land Rober Tunai Show”.

A REVISTA

Este xoves, o programa diario “A Revista” visitará o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo, que alberga a exposición “Alén dos Xéneros”, cunha mostra que reúne unha selección de obras de varias artistas, como panorama das prácticas artísticas feministas en Galicia dende os anos noventa ata a actualidade.

O programa tamén se achegará ata a Casa do Patrón de Lalín para realizar algunha actividade en directo. Trátase dun museo etnográfico, arqueolóxico e natural cun espazo biosaludable e cun restaurante tradicional en que se pode gozar da gastronomía popular da zona.
No estudio de gravación estará María Solar presentando o seu novo libro “Os nenos da varíola” que narra a historia real dos 22 nenos orfos que levaron no seu corpo a vacina da varíola ata América. Ademais, e como cada xoves, Moncho Lemos falará das estreas da carteleira desta semana.

MINUTADO do 09/02/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00
BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera. Inclúe o espazo “Faladoiro” con José Luis Jiménez, Julián Rodríguez e Carla Reyes.
10:35
A COCIÑA DE ANDRÉ “Atún á provenzal”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.
11:00
O FARO Cap. 101

Serie.Tras 3 meses de salto temporal, Lucía ponse de parto no cárcere, e descóbrese todo o que pasou: recuperou a memoria Santiago? Seguirá cos seus problemas de saúde? Seguirán casados Ricardo e Erea? Curouse Ánxela? E Carme? E o embarazo de Iolanda? Estará máis receptivo Manuel cara a filla que espera?
11:50
SOPA DE FESTA “Festa do Codillo – A Rúa”

Programa que ten como obxectivo ser unha guía imprescindible para seguir as grandes celebracións e exaltacións gastronómicas da comunidade. “Sopa de Festa”, a cita gastronómica semanal na Televisión de Galicia convida esta noite aos espectadores á XII Festa do Lomedro na Rúa. Pero antes de probar o lomedro, o equipo achegarase ata o centro cultural da vila para acompañar os veciños e conversar con eles sobre a distinguida labor dalgúns dos seus paisanos. Despois, as cámaras de “Sopa de Festa” levarán os espectadores ata o pavillón municipal para que poidan apreciar a cantidade de persoas que asisten a este multitudinario xantar.
12:25
A REVISTA

Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.
13:45
CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.
13:50
GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Ana Pérez.
14:25
TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.
15:35
O TEMPO
15:50
FONTEALBA Cap. 99

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. Neste capítulo, Gonzalo proponlle a Nina vivir xuntos, as cousas entre eles están mellor que nunca. A nai desta última, Amalia, disponse a contarlle a súa aventura co pai de Carlos a Luís, pero decide agardar que estea completamente recuperado. Nas oficinas Douro, Aurora sente un tremendo baleiro polo divorcio que lle propuxo Roberto, pero a súa vinganza vai comezar
16:35
PADRE CASARES Cap. 110: “Menos lobos”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.
17:40
TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.
18:50
REPORTAXES ACTUALIZADOS “Atento ás nevaradas”
19:00
ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.
20:25
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR
20:30
GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.
21:00
TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.
21:50
O TEMPO
22:05
LAND ROBER TUNAI SHOW EXPRESS
22:15
LAND ROBER TUNAI SHOW

Programa presentado por Roberto Vilar, coa proposta de humor, convidados, música, comedia e participación directa do público no estudio de gravación. Esta noite, visitan o programa Berta Collado, Josito Porto e Ana Celia Vázquez.
00:35
HINTERLAND

Serie de policías.
01:30
FOLGO E FEITURA “O curral das rapazas protexidas”

Serie de documentais centrados en procesos produtivos que se realizan en Galicia para xerar un milleiro de produtos. O programa coñecerá, deste xeito, como se fabrican ducias de artigos, desde bonecas e cosméticos ata copas e fouces.
02:00
TELEXORNAL NOITE

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.
02:10
FONTEALBA (Rep.)
03:00
TI VERÁS (Rep.)
04:00
REPORTAXES “VIVIR AQUÍ” “Ruta da pedra e da auga”
04:10
NOITE DE JAZZ
04:35
SONS NA NOITE
04:50
A REVISTA (Rep.)
06:00
NOITE DE JAZZ
06:35
ÁREA PÚBLICA (Rep.)
07:55
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar