O “Luar” recibe esta noite a gaiteira ourensá Cristina Pato

 “Luar” contará coa actuación en directo de Cristina Pato. A gaiteira ourensá opta a dous galardóns nos Grammy pola súa participación na formación Silk Road Ensemble, candidata ao mellor álbum de “World Music” por “Sing me home” e mais pola película documental “The music of strangers”, candidata ao mellor filme musical. Tamén subirá ao escenario do programa musical dos venres a cantante Karina, que interpretará temas míticos do seu repertorio e que fará un test de galeguidade sobre as tradicións relacionadas co amor.

Así mesmo, actuarán no espazo a banda de música de Caldas de Reis, co gaiteiro e ex-xurado do programa Suso Vaamonde, e o coñecido mentalista Toni Bright. Ademais, o programa contará coa presenza de Rafael López, xefe do servicio de Oncoloxía do CHUS, que comezou unha campaña pioneira de micromecenado para a biopsia líquida, que permite saber en 24 horas e cunha análise de sangue o estado en que se encontra un tumor canceríxeno. O “Luar” únese a esta iniciativa que leva recadados 80.000 euros e que quere chegar aos 500.000.

Durante as tres horas do programa, coma sempre, haberá un tempo reservado para a música galega. Desta volta, tócalle a Lagharteiras, unhas rapazas que realizarán unha demostración dunha maneira moi típica galega de tocar sachos. O grupo de nenos de Peis D’Hos, que significa peixe de hoxe en cangués, realizarán bailes tradicionais, e o grupo coruñés Cascarilla interpretará “El vagabundo”. Dende Huelva achegarase ao “Luar” o grupo Lubricán, que toca diferentes estilos, entre eles, pop, flamenco e saetas, e que interpretará o seu tema “Y no morirme por ti”. O toque festeiro poñerao a orquestra Los Satélites. Pola súa banda, o popular presentador do espazo musical, Xosé Ramón Gayoso, realizará o xa coñecido concurso telefónico dos 4.500 euros, mentres que, na sección Recantos, competirán Naty, que interpretará “Como unha onda” e Aneu, con “La la la”. Ademais, Tania Veiras e Fátima Pego, famosas no mundo da verbena por ser compoñentes de orquestras recoñecidas, cantarán “Muller contra muller”.

GALICIA 4.0

Galicia 4.0” segue achegándose ás empresas galegas que apostan pola innovación e a tecnoloxía, en sectores moi diferentes. Así, este venres, os espectadores da Televisión de Galicia coñecerán as técnicas máis vangardistas na produción de pan. A continuación, os espectadores poderán ver outra reportaxe sobre a fabricación e aplicacións dos grupos electróxenos.

A primeira protagonista deste espazo de servizo público será Natalia, que guiará as cámaras por unha fábrica de pan tostado onde se emprega maquinaria de última xeración para elaborar rebandas de gran calidade. Despois, “Galicia 4.0” introduce os espectadores no proceso de fabricación, no funcionamento e nas aplicacións dos grupos electróxenos, que permiten levar a enerxía a lugares onde case parece imposible e que, noutros casos, serven como solución de urxencia ante avarías ou faltas de subministración da rede eléctrica convencional. Unha empresa galega lidera este subsector a nivel nacional.

A REVISTA

O programa “A Revista” estará en directo hoxe no CEIP de Laredo da localidade de Chapela, preto de Vigo. Alí, os reporteiros do programa falarán cos profesores e co alumnado deste centro, o único galego elixido para participar nas Escolas Creativas de Ferrán Adriá. A finalidade deste proxecto é aplicar a metodoloxía creativa e innovadora que se emprega en El Bulli nos procesos educativos.

Os reporteiros tamén estarán na Coruña, onde a asociación de persoas rehabilitadas de ludopatía, Agalure, reúne a diferentes axentes sociais da cidade para falar sobre as distintas adiccións que poden sufrir os consumidores e que hoxe en día afectan cada vez a máis poboación.

A presentadora Laura Peña entrevistará no estudio a Amparo González, directora xeral de familia do Goberno galego, que falará dos menores tutelados pola Xunta. Por último, Octavio Villazala animará os espectadores a adoptar un cachorro de mestura de labrador e amosará unha serpe do millo.

tvG2

ZIGZAG DIARIO

Venres dedicado á escena no “ZigZag Diario”. O artista visual Federico Strate visita o estudio do programa cultural da tvG2 para falar do traballo que presenta no festival de inverno, teatro, danza e arte en acción “Escenas do Cambio”, que ata o vindeiro 15 de febreiro acolle a Cidade da Cultura.

Ademais, o espazo visitará os ensaios de “A Cabeza do Dragón”, de Producións Excéntricas. A peza fora creada por Ramón María del Valle-Inclán e incluída nunha colección de farsas baixo o título “Retábulo de marionetas para educación de príncipes”. A historia xira arredor desa viaxe ao corazón do dragón que narran todas as culturas do mundo. O autor xoga coa fábula adaptándoa á súa visión.

O “ZigZag Diario” terá tempo tamén para a estrea de “Soño dunha noite de verán”, de Vodara, iniciando o reloxo da conta atrás para o evento.

MINUTADO do 10/02/2017 da TELEVISIÓN DE GALICIA

08:00

BOS DÍAS

Presentan Marta Darriba e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

10:35

A COCIÑA DE ANDRÉ “Fabas con chícharos, luras e gambas”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e o seu atractivo.

11:05

O FARO Cap. 102

Serie. Chegan novas noticias sobre a apelación de Lucía, mentres ante os continuos ataques de Andrea ela pensa deixarlle o neno á súa familia, pero as Peña están a piques de recibir un ataque brutal. Lidia cre que xa chegou o momento de facer recordar ao seu pai… todo.

11:55

GALICIA 4.0

Como a innovación e a tecnoloxía desenvolvidas en Galicia poden beneficiar os galegos no día a día? Cal é o proceso de fabricación dos produtos que nos facilitan as tarefas cotiás? Estas son só algunhas das cuestións ás que pretende responder o programa.
‘”Galicia 4.0” segue achegándose ás empresas galegas que apostan pola innovación e a tecnoloxía, en sectores moi diferentes.
Así, este venres, os espectadores da Televisión de Galicia coñecerán as técnicas máis vangardista na produción de pan, e despois poderán ver como se fabrican e cales son as aplicacións dos grupos electrónicos.

12:30

A REVISTA

Revista da actualidade informativa de Galicia con conexións en directo, reportaxes e entrevistas. Presenta Laura Peña. Inclúe “Adiantos Informativos” e “O Agro”, presentados por Irene Lamas.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Informativo de proximidade. Presenta Ana Pérez. Durante media hora achéganlle á audiencia as noticias máis próximas que aconteceron no día.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marga Pazos. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:35

O TEMPO

15:50

FONTEALBA Cap. 100

Serie que narra os conflitos da adiñeirada familia Douro. Neste capítulo, Amalia encóntrase moi descontenta coa súa filla Aurora polo encubrimento desta coas contas da empresa. Esta actitude individualista tamén causa molestias a Nina, debido que ela é a conselleira de Hortodouro e ten autoridade para tomar as decisións. Roberto, continúa vivindo coa súa ex, cousa que non mellora a súa situación de parella. Luís disponse por fin a volver xunto coa súa familia.

16:40

PADRE CASARES Cap. 111: “Todos somos camiño”

Serie galega de ficción, en que o padre Horacio Casares, formado nun moderno seminario xesuíta, chega a Louredo, unha pequena vila da costa a substituír o vello padre Crisanto, un home que levaba toda a vida nese lugar.

17:45

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez no que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

18:45

REPORTAXES ACTUALIZADOS “As vacas non entenden o mal tempo”

Serie de axustes extraídos do programa ACTUALIZAD@S.

18:55

ÁREA PÚBLICA

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

20:25

INFORMACIONS ESTADO DO MAR

20:30

GALICIA NOTICIAS SERÁN

Presenta Beatriz Moyano.

21:00

TELEXORNAL SERÁN

Presenta Carlos F. Amado. A información deportiva corre a cargo de Alfonso Hermida.

21:50

O TEMPO

22:00

LUAR “Dez de febreiro”

Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional.
O “Luar” recibe a Cristina Pato, a gaiteira ourensá que participa en dous proxectos propostos aos Grammys. O espazo da noite dos venres tamén recibirá a visita da cantante Karina e a Suso Vaamonde coa banda de música de Caldas de Reis.

01:35

LUAR REMIX

04:10

ÚLTIMAS NOTICIAS

Último informativo do día que inclúe as noticias galegas, nacionais e internacionais máis salientables do día.

04:20

FOLGO E FEITURA “O curral das rapazas protexidas”

Serie de documentais centrados en procesos produtivos que se realizan en Galicia para xerar un milleiro de produtos. O programa coñecerá, deste xeito, como se fabrican ducias de artigos, desde bonecas e cosméticos ata copas e fouces.

04:50

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

05:05

A REVISTA (Rep.)

06:20

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de Jazz para gozar na Galega.

06:35

ÁREA PÚBLICA (Rep.)

Presentado por Susana López, é un programa pegado de cheo á actualidade do día, con conexións en directo cos puntos onde se estea a producir a esa hora a noticia e coa presenza de convidados e entrevistas en directo.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar