A Guardia Real elixe Ourense para dar a coñecer as súas actividades

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial a representantes da Guardia Real, acompañados polo subdelegado de Defensa en Ourense, Gustavo Doncel, quen lle informaron ao presidente provincial da iniciativa que está a valorar a Guardia Real de realizar na provincia de Ourense ao longo deste ano 2017: un acto para dar a coñecer aos cidadáns as diferentes actividades e misións que realiza este corpo, que constitúe a representación das Forzas Armadas ao servicio da S.M. o Rei, ao estar formada por forzas do Exército de Terra, a Armada, Exército do Aire e Corpos Comúns das Forzas.

Na reunión de hoxe participaron xunto a Baltar e Doncel, o comandante de Relacións Institucionais da Guardia Real, Francisco Javier Rodríguez; o comandante de Operacións, David Ramajo, e o tenente de Loxística da Guardia Real, Gonzalo de León.

A actividade que estuda realizar a Guardia Real en Ourense enmárcase dentro do programa de instrución que cada ano realiza un exército nunha provincia española. O acto serve para amosar aos cidadáns as diferentes unidades e as súas capacidades para cumprir coas misións que ten encomendadas. Manuel Baltar agradeceu a visita dos mandos da Guardia Real e ofreceu a cooperación da Deputación de Ourense para colaborar cos eventos que prevé realizar a Guardia Real na nosa provincia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar